Saltar navegación

4.1. Hiperlexia

Hai alumnos que, aínda que lean de forma precisa e fluída, non logran comprender o que len debido á falta de vocabulario, coñecementos previos ou estruturas sintácticas. Este patrón é característico dalgunhas persoas con trastorno do espectro autista. Tamén pode ter dificultades deste tipo o alumnado que provén de contornas desfavorecidas con pouca exposición cultural, aquel cuxas familias falan un idioma diferente ao da escola ou o que presenta trastornos do desenvolvemento da linguaxe (unha dificultade grave e persistente para comprender e producir a linguaxe). A este grupo denomínaselles “malos entendedores”.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)