Saltar navegación

4.3. Persoas con dificultades de comprensión

Finalmente, atopamos quen ten dificultades tanto na descodificación coma na comprensión: o grupo cunha dificultade mixta ou xeneralizada. Este conxunto é moi heteroxéneo. Inclúe persoas con discapacidade intelectual lixeira ou intelixencia límite, e a aquelas que proveñen de familias que falan un idioma diferente ao que se usa na escola e que están a experimentar dificultades transitorias tanto para aprender as relacións entre letras e sons coma para adquirir o vocabulario académico básico necesario para comprender os textos. Un número importante de persoas con trastorno do espectro autista presenta este tipo de dificultades, así como entre un 17% e un 35% de alumnado con dislexia.

Tamén pertencen a este grupo aquelas persoas que presentan dificultades na comprensión lectora, a pesar de ter unha boa descodificación e ler de forma precisa e fluída. Supoñen un 7% dos nenos e nenas de entre 7 e 9 anos.

Estas dificultades na comprensión adóitannos pasar máis desapercibidas ca as dificultades na descodificación e teñen un impacto máis tardío, xa que se fan máis evidentes conforme se alcanzan cursos superiores, cando os textos son máis esixentes e utilizan un vocabulario académico máis complexo.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)