Saltar navegación

2.1. Desenvolvemento da linguaxe oral

A linguaxe oral é fundamental para adquirir a competencia lectora, xa que inflúe directamente na comprensión lectora, no desenvolvemento da conciencia fonolóxica e no acceso ao significado dos textos. Demostrouse que a comprensión da linguaxe oral é un predictor significativo da comprensión lectora en etapas posteriores.

A linguaxe oral é unha habilidade formada por moitas subhabilidades e engloba aspectos diferentes, entre os que destacan o vocabulario, as habilidades narrativas e outros que se verán a continuación.

A exposición temperá a textos escritos mediante a lectura en voz alta e interactiva ofrece múltiples beneficios:

• facilita a aprendizaxe de vocabulario,
• mellora a comprensión e
• fortalece a conexión coa linguaxe escrita

Por tanto, é unha estratexia que debemos abordar desde idades temperás. Os contos xeran unha contorna óptima para favorecer o desenvolvemento da linguaxe oral.

Constitúe unha estratexia eficaz Strive for five (Cabell e Zucker, 2023), que organiza conversacións significativas para responder ás necesidades lingüísticas do alumnado e promover o pensamento complexo, favorecendo tanto a comprensión da linguaxe coma a comprensión lectora futura.

Foto 6

Feito con eXeLearning (Nova xanela)