Saltar navegación

2.2. Conciencia fonolóxica

É posible mellorar as habilidades de conciencia fonolóxica mediante actividades que serán máis eficaces se as intervencións son individualizadas.

Resulta pertinente abordar a conciencia fonolóxica de forma explícita, sistemática e estruturada desde as primeiras etapas educativas. (Está incluída como parte dos saberes básicos nas ensinanzas mínimas do segundo ciclo de Educación Infantil, dentro da área de Comunicación e Representación da Realidade). Por actuar coma un facilitador clave para a aprendizaxe da lectura, a integración da conciencia fonolóxica nas prácticas educativas de Primaria está moi xustificada.

A conciencia fonémica e, posteriormente, a comprensión do principio alfabético son as habilidades que teñen un impacto máis directo no inicio da aprendizaxe lectora.

O desenvolvemento explícito, estruturado e gradual destas habilidades durante a Educación Infantil e os primeiros anos de Primaria non só facilita a adquisición da competencia lectora, senón que tamén permite identificar de forma temperá posibles dificultades que poderían comprometer a aprendizaxe futura.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)