Ciclo Formativo Superior de Desenvolvemento de Aplicacións Web
Título que se obtén
Técnico Superior en Desenvolvemento de Aplicacións Web
Réximes nos que se imparte
- Ordinario
- Persoas adultas (distancia): Neste réxime o alumnado sigue as clases a través dunha plataforma de ensino a distancia con titorías presenciais unha vez á semana.
- Dual: O alumnado compaxinará os seus estudos no centro educativo con prácticas remuneradas na empresa Plexus.
Réxime dual
Estes estudios teñen unha duración de 2 anos académicos, completando a súa formación no centro educativo con prácticas remuneradas en empresa, de maio a agosto do primeiro curso e todo o segundo curso.
A ter en conta para o réxime de persoas adultas
Estes estudios son modulares, polo que alumno se matriculará dos módulos (materias) que considere. Matriculándote do máximo de módulos posible cada ano, a duración para acabar estes estudios é de dous cursos académicos completos e dun trimestre máis para a realización do módulo de Formación en Centros de Traballo e do módulo de Proxecto.
O departamento de informática recomenda:
- Cursar ao mesmo tempo no primeiro ano:
- Programación
- Contornos de desenvolvemento
- Para cursar calquera dos módulos de segundo convén ter cursado Linguaxes de Marcas e Sistemas de Xestión da Información.
- Para cursar Desenvolvemento web en contorno servidor convén ter cursado:
- Programación
- Bases de datos
- Para cursar Desenvolvemento web en contorno cliente convén ter cursado:
- Para cursar DAW (Despregamento aplicacións web) convén ten cursado:
Se un alumno se matricula de módulos de primeiro e de segundo o mesmo ano (tendo en conta o itinerario proposto), é moi posible que se solapen en horario.
Saídas profesionais
As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en empresas ou entidades públicas ou privadas, por conta allea ou por conta propia, e desempeñan o seu traballo na área de desenvolvemento de aplicacións informáticas relacionadas con contornos web (intranet, extranet e internet).
As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:
- Programador web.
- Programador multimedia.
- Desenvolvedor de aplicacións en contornos web.
Duración
Este ciclo ten unha duración de 2000 horas.
Idiomas
- O alumnado pode solicitar o título noutros idiomas no marco Europass