• Inicio
  • O centro
    • Datos de contacto
    • Horario de atención ao público
    • Localización
    • Organigrama
    • Transporte escolar
    • Documentos
  • Secretaría
    • Trámites
  • Erasmus+
    • Contacto
    • Novas
    • Convocatorias e resolucións
    • Información para o alumnado
    • Información para o profesorado
    • Principios Erasmus
  • Programacións
  • Biblioteca
    • Información
    • Novas
    • Radio
    • Clubs de lectura
  • FCT
    • Que é a FCT?
    • Información para o alumnado
    • Información para empresas
    • Información para exalumnado
  • Oferta educativa
    • Ensino Secundario Obrigatorio
    • Bacharelato
    • Formación Profesional - Imaxe Persoal
    • Formación Profesional - Informática e Comunicacións
    • Ensino Secundario para Persoas Adultas
    • Programa CUALE
  • Novas
    • Curso 2025-26

User account menu

  • Iniciar sesión
Inicio
  • Inicio
  • O centro
    • Datos de contacto
    • Horario de atención ao público
    • Localización
    • Organigrama
    • Transporte escolar
    • Documentos
  • Secretaría
    • Trámites
  • Erasmus+
    • Contacto
    • Novas
    • Convocatorias e resolucións
    • Información para o alumnado
    • Información para o profesorado
    • Principios Erasmus
  • Programacións
  • Biblioteca
    • Información
    • Novas
    • Radio
    • Clubs de lectura
  • FCT
    • Que é a FCT?
    • Información para o alumnado
    • Información para empresas
    • Información para exalumnado
  • Oferta educativa
    • Ensino Secundario Obrigatorio
    • Bacharelato
    • Formación Profesional - Imaxe Persoal
    • Formación Profesional - Informática e Comunicacións
    • Ensino Secundario para Persoas Adultas
    • Programa CUALE
  • Novas
    • Curso 2025-26

Miga de pan

  • Inicio
  • Trámites administrativos

Trámites administrativos

Use the arrow keys to navigate between tabs

Validación de módulos profesionais

Para solicitar validacións de módulos profesionais debes:

  1. Descargar este formulario
  2. Curmprimentar o formulario sen olvidar os códigos das módulos solicitados, imprimir e presentalo en secretaria de forma presencial.
  3. Se cursas estudos no centro que permitan a validación, debes achegar só unha copia do DNI.
  4. Se non cursas estudos no centro que permitan a validación, achega tamén estes documentos:
    • Copia do DNI.
    • Certificado académico que alegas para validar.
    • Acreditación de unidades de competencia (se é o caso).

Solicitude de baixa

Para solicitar a baixa deberá realizar os seguintes pasos (a partires do 30 de setembro, as baixas no réxime modular serán do curso completo, esgotando unha convocatoria):

Opción 1: sen certificado dixital nin DNI electrónico

  1. Descargar o formulario de baixa dende o enlace.
  2. Cubrir os datos, imprimir e asinar a man.
  3. Escanear e enviar por correo electrónico coa sinatura manuscrita, achegando ademais copia en formato PDF do DNI/NIE do interesado, ao enderezo secretaria.ies.teis@edu.xunta.gal 

IMPORTANTE: Só se tramitarán aquelas baixas remitidas dende o enderezo de correo electrónico que a persoa indicou no sobre de matrícula.

Opción 2: con certificado dixital ou DNI electrónico

  1. Descargar o formulario de baixa dende o enlace.
  2. Cubrir os datos e asinar.
  3. Enviar o documento asinado dixitalmente mediante o formulario que se atopa nesta mesma páxina, a continuación.
  4. Enviar copia do DNI mediante o formulario que se atopa nesta mesma páxina, a continuación.

Solicitude de certificados

Para solicitar algún dos certificados expedidos pola secretaría do noso centro, completa o seguinte formulario. A emisión de certificados por correo electrónico terá lugar entre as 24-48 horas dende a súa solicitude.

Indica campo requirido
Estudos realizados no IES de Teis
Para poder recibir o certificado sen ter que recollelo presencialmente, introduce o teu enderezo de correo electrónico e sube unha copia do teu DNI.
Último ano no centro (aproximadamente)
Máximo un arquivo. | Límite de 2 GB. | Tipos permitidos: gif, jpg, jpeg, png, bmp, eps, tif, pict, psd, txt, rtf, html, odf, pdf, doc, docx, ppt, pptx, xls, xlsx, xml, avi, mov, mp3, mp4, ogg, wav, bz2, dmg, gz, jar, rar, sit, svg, tar, zip.

Pagamento de taxas para a expedición de título (Bacharelato, Ciclos Medios e Superiores)

Procedemento

Se remataches os teus estudos de Bacharelato ou de Ciclo Medio ou Superior (incluída a FCT e, para o caso de ciclos superiores, o proxecto), debes realizar o pagamento de taxas para a expedición do título.

Este pago de taxas pode facerse mediante dúas modalidades:

Telemáticamente

O pago debe facerse na Oficina Virtual da Axencia Tributaria de Galicia: https://ovt.atriga.gal/ segundo estes pasos:

  • Cidadáns
  • Pago de taxas e prezos: Iniciar taxa.
  • Acceso libre ao servizo (cadeado aberto).
  • Iniciar taxa.
  • Introducir os datos da taxa segundo se indica nos documentos que se atopan ao final desta páxina.
  • Continuar.

No apartado obxecto débese poñer un texto similar a "Expedición do título de <poñer aquí o título> de <poñer aquí o nome>".

Unha vez feito o pago telemático, deberase retroceder ao apartado Cidadáns - Pago de taxas e prezos - Operacións realizadas e imprimir en PDF o modelo 730 para envialo ao correo electrónico secretaria.ies.teis@edu.xunta.gal, xunto coa fotocopia do DNI, coa fin de rexistrar o depósito do título e expedir a correspondente certificación.

Presencialmente

Débese solicitar o impreso na Secretaría do IES de Teis, onde se lle indicará o trámite a seguir.

Tarifas de expedición de títulos

TítuloTarifa normalFamilia numerosa 
(categoría xeral)
Familia numerosa 
(categoría especial)
Duplicado
Bacharelato54,00€27,03€04,98€
Técnico (ciclo medio)22,07€11,06€02,55€
Técnico superior (ciclo superior)54,00€27,03€04,98€
Curso especialización25,91€12,97€02,55€

 

Como cumprimentar os impresos

A continuación podes atopar os modelos para cumprimentar os impresos de pagamento:

  • Impresos para ensinanzas LOE, as impartidas actualmente.

    Modelo LOE.pdf (62.75 KB)
  • Impresos para ensinanzas LOXSE, os seguintes títulos extinguidos: Ciclo Superior Desenvolvemento Aplicacións Informáticas, Ciclo Superior Administración de Sistemas Informáticos, Ciclo Medio Explotación de Sistemas Informáticos, Ciclo Superior Estética, Ciclo Medio Estética Persoal e Decorativa, Ciclo Medio Perrucaría e Ciclo Superior Asesoría de Imaxe Persoal.

    Modelo LOXSE.pdf (65.03 KB)

Pago taxas FP-1 e FP-2 (extinguidos)

Se queres solicitar a expedición do título de FP-1 ou FP-2 (xa extinguidos) debes pagar as taxas correspondentes, o que pode levarse a cabo mediante dúas modalidades: presencial ou telemática.

En ambos casos debe accederse á seguinte ligazón: https://sede.administracionespublicas.gob.es/pagina/index/directorio/tasa059 escollendo a opción adecuada.

Unha vez escollida a provincia, cumprimentarase todo o formulario escollendo a titulación que corresponda (FP-1 ou FP-2) como se amosa nesta imaxe:

Unha vez realizado o pago, deberase imprimir en PDF o resgardo e envialo ao correo electrónico ies.teis@edu.xunta.es, xunto coa fotocopia do DNI, coa fin de rexistrar o depósito do título e expedir a correspondente certificación; ou ben achegar a mesma documentación de forma presencial á secretaría do instituto.

 

Pago seguro escolar

A conta corrente para ingresar os 1,12 € do seguro escolar é a seguinte: ES87 2080 5461 9831 1010 0925 (ABANCA).

- Se se fai a través de Internet, en concepto hai que por seguro escolar facendo constar o nome e apelidos do/a alumno/a e o curso no que se matricula.
- No caso de facelo en calquera das súas oficinas, na clave 11 do impreso farase constar o nome e apelidos do/a alumno/a e o curso no que se matricula.

O alumnado maior de 28 anos está exento de pagar o Seguro Escolar.

Xunta de Galicia

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na Internet polo centro educativo

Mapa do sitio - Contacto co centro - Accesibilidade - Aviso Legal

IES de Teis