Segundo e tercer posto no IV reto SATEC
O IES de Teis participou a mañá do 26 de xuño no IV reto SATEC, unha proba a nivel nacional organizada pola multinacional española de servizos tecnolóxicos. Este ano levamos dous equipos e os dous fixeron podium. Primeiro de ASIR conseguiu o segundo posto do reto e o equipo de SMR logrou finalizar o reto en terceira posición. A proba consistiu no deseño e configuración dunha rede de comunicacións rápida, segura e confiable.
