O IES de Teis participou a mañá do 26 de xuño no IV reto SATEC, unha proba a nivel nacional organizada pola multinacional española de servizos tecnolóxicos. Este ano levamos dous equipos e os dous fixeron podium. Primeiro de ASIR conseguiu o segundo posto do reto e o equipo de SMR logrou finalizar o reto en terceira posición. A proba consistiu no deseño e configuración dunha rede de comunicacións rápida, segura e confiable. Nos desafíos tiñan que seleccionar as tecnoloxías axeitadas, configurar rúteres e switches, implementar protocolos básicos de seguridade e facer probas de rendemento e troubleshooting. Os nosos alumnos traballaron ben, de xeito coordinado, puxéronlle ganas e bon facer, aprenderon e se divertiron no reto. Na imaxe, os alumnos participantes, de esquerda á dereita: Diego Domínguez (SMR), Jesús Soler (SMR), Alberto Lorenzo (ASIR), Alejandro Figueroa (ASIR), Iago Villar (ASIR) , Iván Boullosa (SMR). Moitas felicidades a todos.

