Ciclo Formativo Básico de Peiteado e Estética
Título que se obtén
Profesional Básico en Peiteado e Estética
Réximes nos que se imparte
- Ordinario
Saídas profesionais
Estas persoas exercen xeralmente a súa actividade por conta allea en salóns de peiteado e de beleza, en salas de peiteado e/ou estética, en ximnasios ou centros de beleza de hoteis, residencias de persoas maiores, hospitais e balnearios, baixo a supervisión de persoal técnico responsables. Tamén poden realizar de xeito autónomo servizos básicos de peiteado, manicura e pedicura, depilación e maquillaxe.
As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:
- Auxiliar de peiteado.
- Axudante/a de manicura e pedicura.
- Axudante/a de maquillaxe.
- Auxiliar de depilación.
Duración
Este ciclo ten unha duración de 2000 horas.
Máis información
Ciclo Formativo Medio de Estética e Beleza
Título que se obtén
Técnico en Estética e Beleza
Réximes nos que se imparte
- Ordinario
- Persoas adultas: Neste réxime a matrícula é modular (por materias). A matrícula parcial por módulos permite que cada persoa deseñe o seu itinerario formativo en función da súa actividade laboral, das cargas familiares ou doutras actividades, respondendo así ás necesidades e aos intereses persoais ao longo da vida. O alumno se matriculará dos módulos (materias) que considere. Matriculándose do máximo de módulos posible cada ano, a duración para acabar estes estudios é de dous curso académicos completos e dun trimestre máis para a realización do módulo de Formación en Centros de Traballo.
Saídas profesionais
A título de exemplo e con fins de orientación profesional enuméranse as ocupacións ou postos de traballo que poderían ser desempeñadas por este profesional:
- Técnico/a esteticista en centros de beleza e gabinetes de estética.
- Maquillador/ora.
- Técnico/a en uñas artificiais.
- Recepcionista en empresas estéticas.
- Demostrador/ora de equipamentos, cosméticos e técnicas estéticas.
- Axente comercial en empresas do sector.
- Asesor/ora vendedor/ora en perfumarías e drogarías.
Duración
Este ciclo ten unha duración de 2000 horas.
Idiomas
- O alumnado pode participar no Programa CUALE.
- O alumnado pode solicitar o título noutros idiomas no marco Europass
Máis información
Ciclo Formativo Medio de Peiteado e Cosmética Capilar
Título que se obtén
Técnico Medio en Peiteado e Cosmética Capilar
Réximes nos que se imparte
- Ordinario
- Persoas adultas: Neste réxime a matrícula é modular (por materias). A matrícula parcial por módulos permite que cada persoa deseñe o seu itinerario formativo en función da súa actividade laboral, das cargas familiares ou doutras actividades, respondendo así ás necesidades e aos intereses persoais ao longo da vida. O alumno se matriculará dos módulos (materias) que considere. Matriculándote do máximo de módulos posible cada ano, a duración para acabar estes estudios é de dous cursos académicos completos e dun trimestre máis para a realización do módulo de Formación en Centros de Traballo.
A ter en conta para o réxime de persoas adultas
O departamento de Imaxe Persoal recomenda:
- Para cursar Técnicas de corte do cabelo convén ter cursado:
- Peiteados e recollidos
- Para cursar Coloración capilar convén ter cursado:
- Peiteados e recollidos
Se un alumno/a se matricula de módulos de primeiro e de segundo o mesmo ano (tendo en conta o itinerario proposto), é moi posible que se solapen en horario.
Saídas profesionais
As persoas que obteñan este título han exercer a súa actividade en empresas de imaxe persoal dedicadas aos procesos de peiteado de uso social, onde desenvolverán tarefas de prestación de servizos, comercialización, aprovisionamento, calidade, protección fronte a riscos e control de efluentes e residuos. Adoitan actuar por conta allea, integrándose en equipos de traballo con persoas cun nivel de cualificación igual, inferior ou superior.
As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:
- Peiteador/ora.
- Barbeiro/a.
- Técnico/a en coloracións capilares.
- Técnico/a en cambios de forma do cabelo.
- Técnico/a en corte de cabelo.
- Técnico/a en postizaría.
- Técnico/a en manicura.
- Técnico/a en pedicura.
- Técnico/a ou axente comercial de empresas do sector.
- Recepcionista en empresas de peiteado.
- Demostrador/ora de equipamentos, cosméticos e técnicas de peiteado.
Duración
Este ciclo ten unha duración de 2000 horas, en dous cursos académicos.
Idiomas
- O alumnado pode participar no Programa CUALE.
- O alumnado pode solicitar o título noutros idiomas no marco Europass
Máis información
Ciclo Formativo Superior de Asesoría de Imaxe Persoal e Corporativa
Título que se obtén
Técnico Superior en Asesoría de Imaxe Persoal e Corporativa
Réximes nos que se imparte
- Ordinario en horario vespertino
Saídas profesionais
A título de exemplo e con fins de orientación profesional enuméranse as ocupacións ou postos de traballo que poderían ser desempeñadas por este profesional:
- Director/ora técnico/a e artístico/a en producións audiovisuais, escénicas e de moda.
- Técnico/a de protocolo e cerimonial en institucións públicas e privadas.
- Experto/a en etiqueta e usos sociais.
- Asesor/ora consultor/ora de estilismo no vestir.
- Asesor/ora de estilos e tendencias.
- Asistente técnico/a de imaxe política, cultural e artística.
- Asesor/ora en comercios de vestiario e complementos.
- Asesor/ora de imaxe en medios audiovisuais e de moda.
- Técnico/a comercial.
- Asesor/ora consultor/ora de imaxe corporativa.
- Experto/a en habilidades comunicativas.
- Técnico/a especialista en gabinetes de relacións públicas.
- Técnico/a especialista en imaxe en departamento de márketing.
- Director/ora de gabinete de asesoría de imaxe.
- Consultor/ora asesor/ora de protocolo e organización de actos e eventos.
- Asesor/ora na compra de vestiario, complementos, regalos e cosméticos.
- Asistente persoal no coidado da imaxe.
- Organizador/ora de vodas.
- Asesor/ora de prensa especializada en imaxe persoal.
Duración
Este ciclo ten unha duración de 2000 horas.
Idiomas
- O alumnado pode participar no Programa CUALE.
- O alumnado pode solicitar o título noutros idiomas no marco Europass
Máis información
Ciclo Formativo Superior de Estética Integral e Benestar
Título que se obtén
Técnico Superior en Estética Integral e Benestar
Réximes nos que se imparte
- Ordinario
- Persoas adultas: Neste réxime a matrícula é modular (por materias). A matrícula parcial por módulos permite que cada persoa deseñe o seu itinerario formativo en función da súa actividade laboral, das cargas familiares ou doutras actividades, respondendo así ás necesidades e aos intereses persoais ao longo da vida. O alumno se matriculará dos módulos (materias) que considere. Matriculándote do máximo de módulos posible cada ano, a duración para acabar estes estudios é de dous cursos académicos completos e dun trimestre máis para a realización do módulo de Formación en Centros de Traballo e do módulo de Proxecto.
- Dual: O alumnado compaxinará os seus estudos no centro educativo con prácticas remuneradas.
A ter en conta para o réxime de persoas adultas
O departamento de Imaxe Persoal recomenda:
- Para cursar Drenaxe estética e técnicas por presión convén ter cursado:
- Procesos fisiolóxicos e de hixiene en imaxe persoal
- Para cursar Tratamentos estéticos integrais convén ter cursado:
- Aparellos de estética
Se un alumno/a se matricula de módulos de primeiro e de segundo o mesmo ano (tendo en conta o itinerario proposto), é moi posible que se solapen en horario.
Saídas profesionais
Este profesional exerce a súa actividade no sector de coidados da imaxe persoal, no subsector de coidados estéticos, en pequenas e medianas empresas, maioritariamente privadas, nas áreas de tratamentos estéticos integrais, estética hidrotermal, microimplantación de pigmentos, depilación avanzada, masaxe estética e drenaxe, e asesoramento en tratamentos e produtos cosméticos.
Trátase de profesionais por conta propia que traballan xestionando a súa propia empresa ou de profesionais por conta allea, que exercen a súa actividade profesional como persoal empregado, ou na xefatura de área ou departamento.
As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:
- Esteticista.
- Director/ora técnico/a en empresas estéticas e áreas de imaxe persoal, de spa e balnearios.
- Técnico/a en tratamentos estéticos integrais.
- Técnico/a en micropigmentación.
- Técnico/a en depilación mecánica e avanzada.
- Técnico/a en aparellos de estética.
- Especialista en bronceamento mediante radiación ultravioleta.
- Técnico/a en masaxes estéticas.
- Técnico/a en drenaxe linfática estética.
- Traballador/ora cualificado/a en centros de medicina e cirurxía estética.
- Técnico/a comercial.
- Asesor/ora estético/a e cosmético/a.
- Formador/ora técnico/a en estética.
Duración
Este ciclo ten unha duración de 2000 horas.
Idiomas
- Ofértanse seccións bilingües no Módulo de Estética hidrotermal (Réxime Ordinario).
- O alumnado pode participar no Programa CUALE.
- O alumnado pode solicitar o título noutros idiomas no marco Europass
Máis información
Ciclo Formativo Superior de Caracterización e Maquillaxe Profesional
Título que se obtén
Técnico Superior en Caracterización e Maquillaxe Profesional
Réximes nos que se imparte
- Persoas adultas: Neste réxime a matrícula é modular (por materias). A matrícula parcial por módulos permite que cada persoa deseñe o seu itinerario formativo en función da súa actividade laboral, das cargas familiares ou doutras actividades, respondendo así ás necesidades e aos intereses persoais ao longo da vida. O alumno se matriculará dos módulos (materias) que considere. Matriculándote do máximo de módulos posible cada ano, a duración para acabar estes estudios é de dous cursos académicos completos e dun trimestre máis para a realización do módulo de Formación en Centros de Traballo e do módulo de Proxecto.
A ter en conta
O departamento de Imaxe Persoal recomenda:
Se un alumno/a se matricula de módulos de primeiro e de segundo o mesmo ano (tendo en conta o itinerario proposto), é moi posible que se solapen en horario.
Saídas profesionais
As persoas que obteñan o título de técnico superior en Caracterización e Maquillaxe Profesional exercerán a súa actividade en empresas, maioritariamente privadas, dedicadas ao desenvolvemento de proxectos de caracterización para producións audiovisuais e escénicas, en talleres e estudios de caracterización e en empresas dedicadas á maquillaxe profesional, onde desenvolven tarefas individuais e en grupo nas áreas funcionais de xestión e supervisión, deseño, organización e prestación de servizos, así como na fabricación de postizos, perrucas e próteses de caracterización, ben como traballadoras e traballadores autónomos ou ben por conta allea.
As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:
- Caracterizador/a.
- Xefe/a de maquillaxe para medios audiovisuais e actividades e actuacións escénicas.
- Peiteador/a para caracterización.
- Maquillador/a para medios audiovisuais e actividades e actuacións escénicas.
- Posticeiro/a.
- Xefe/a de caracterización.
- Xefe/a de peiteado para espectáculos e medios audiovisuais.
- Especialista en próteses e efectos especiais de caracterización.
- Deseñador/a de personaxes de caracterización.
- Formador/a técnico/a en caracterización.
- Técnico/a comercial.
Duración
Este ciclo ten unha duración de 2000 horas.
Idiomas
- O alumnado pode participar no Programa CUALE.
- O alumnado pode solicitar o título noutros idiomas no marco Europass
Máis información
Ciclo Formativo Superior de Estilismo e Dirección de Peiteado
Título que se obtén
Título de Técnico superior en Estilismo e dirección de peiteado.
Réximes nos que se imparte
- Ordinario
- Dual: O alumnado compaxinará os seus estudos no centro educativo con prácticas remuneradas.
Saídas profesionais
As saídas profesionais baséanse na dirección de procesos de peiteado en empresas dedicadas ao sector e en producións audiovisuais e escénicas, onde se desenvolven tarefas individuais e en grupo nas áreas funcionais de deseño e innovación, organización e prestación de servizos, comercialización, loxística, calidade, prevención de riscos e xestión ambiental. Actúase por conta propia, cun alto grao de autonomía, asumindo labores de xestión e dirección, ou por conta allea, integrándose nun equipo de traballo con persoas dun nivel de cualificación igual, inferior ou superior.
As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:
- Dirección técnica en empresas de peiteado
- Dirección técnica artística de peiteado en producións audiovisuais, escénicas e de moda
- Especialista en tratamentos capilares
- Asesoría artística de peiteado
- Estilismo
- Especialista en próteses capilares e postizaría
- Consello e avaliación de empresas de peiteado
- Experto/a en coidados capilares en clientes con necesidades especiais
- Técnico/a en análise capilar
- Peiteador/ora especialista
- Traballador/ora cualificado/a en clínicas capilares e centros de medicina e cirurxía estética
- Asesoría de venda e demostración de produtos e aparellos de peiteado
Duración
Este ciclo ten unha duración de 2000 horas, estruturados en 2 cursos académicos.
