• Inicio
  • O centro
    • Datos de contacto
    • Horario de atención ao público
    • Localización
    • Organigrama
    • Transporte escolar
    • Documentos
  • Secretaría
    • Trámites
  • Erasmus+
    • Contacto
    • Novas
    • Convocatorias e resolucións
    • Información para o alumnado
    • Información para o profesorado
    • Principios Erasmus
  • Programacións
  • Biblioteca
    • Información
    • Novas
    • Radio
    • Clubs de lectura
  • Calendario
    • Que é a FCT?
    • Información para o alumnado
    • Información para empresas
    • Información para exalumnado
  • Oferta educativa
    • Ensino Secundario Obrigatorio
    • Bacharelato
    • Formación Profesional - Imaxe Persoal
    • Formación Profesional - Informática e Comunicacións
    • Ensino Secundario para Persoas Adultas
    • Programa CUALE
  • Novas
    • Curso 2025-26

User account menu

  • Iniciar sesión
CAPTCHA
Resolva este sinxelo problema matemático e introduza o resultado. Por exemplo para 1+3, introduza 4.
This question is for testing whether or not you are a human visitor and to prevent automated spam submissions.
Inicio
  • Inicio
  • O centro
    • Datos de contacto
    • Horario de atención ao público
    • Localización
    • Organigrama
    • Transporte escolar
    • Documentos
  • Secretaría
    • Trámites
  • Erasmus+
    • Contacto
    • Novas
    • Convocatorias e resolucións
    • Información para o alumnado
    • Información para o profesorado
    • Principios Erasmus
  • Programacións
  • Biblioteca
    • Información
    • Novas
    • Radio
    • Clubs de lectura
  • Calendario
    • Que é a FCT?
    • Información para o alumnado
    • Información para empresas
    • Información para exalumnado
  • Oferta educativa
    • Ensino Secundario Obrigatorio
    • Bacharelato
    • Formación Profesional - Imaxe Persoal
    • Formación Profesional - Informática e Comunicacións
    • Ensino Secundario para Persoas Adultas
    • Programa CUALE
  • Novas
    • Curso 2025-26

Miga de pan

  • Inicio
  • Formación Profesional - Informática e Comunicacións

Formación Profesional - Informática e Comunicacións

Consulta aquí toda a oferta formativa do centro

Use the arrow keys to navigate between tabs

Ciclo Formativo Básico de Informática de Oficina

Título que se obtén

Profesional Básico en Informática de Oficina

Réximes nos que se imparte

  • Ordinario

Saídas profesionais

Estas persoas exercen a súa actividade por conta allea en empresas dedi cadas á comercialización, a montaxe, o mantemento e a reparación de sistemas microinformáticos e de equipamentos eléctricos ou electrónicos, así como en empresas que utilicen sistemas informáticos, para a súa xestión.

As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

  • Axudante/a de montador/ora de sistemas microinformáticos.
  • Axudante/a de mantemento de sistemas informáticos.
  • Axudante/a de instalador/ora de sistemas informáticos.
  • Axudante/a de instalador/ora de sistemas para transmisión de datos.
  • Auxiliar de oficina.
  • Auxiliar de servizos xerais.
  • Gravador/ora verificador/ora de datos.
  • Auxiliar de dixitalización.
  • Operador/ora documental.

Duración

Este ciclo ten unha duración de 2000 horas.

Máis información

  • Cales son os requisitos para acceder a un ciclo de FP Básica?
  • Probas acceso a ciclos
  • Validacións
  • Currículos dos ciclos
  • Formación en centros de traballo
  • Normativa que regula a Formación Profesional

Ciclo Formativo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes

Título que se obtén

Técnico en Sistemas Microinformáticos e Redes

Réximes nos que se imparte

  • Ordinario
  • Ordinario en horario vespertino

Saídas profesionais

Técnico en Sistemas Microinformáticos e Redes

Estas persoas exercen a súa actividade principalmente en empresas do sector de servizos dedicadas á comercialización, á montaxe e á reparación de equipamentos, redes e servizos microinformáticos en xeral, como parte do soporte informático da organización, ou en entidades de calquera tamaño e calquera sector produtivo que utilicen sistemas microinformáticos e redes de datos para a súa xestión. 

As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

  • Técnico/a instaladora/a ou reparador/a de equipamentos informáticos.
  • Técnico/a de soporte informático.
  • Técnico/a de redes de datos.
  • Reparador/a de periféricos de sistemas microinformáticos.
  • Comercial de microinformática.
  • Operador/a de teleasistencia.
  • Operador/a de sistemas. 

Duración

Este ciclo ten unha duración de 2000 horas.

Idiomas

  • O alumnado pode solicitar o título noutros idiomas no marco Europass 

Máis información

  • Cales son os requisitos para acceder a un ciclo de grao medio?
  • Probas acceso a ciclos
  • Validacións
  • Currículos dos ciclos
  • Formación en centros de traballo
  • Normativa que regula a Formación Profesional

Ciclo Formativo Superior de Administración de Sistemas Informáticos en Rede

Título que se obtén

Técnico Superior en Administración de Sistemas Informáticos en Rede

Réximes nos que se imparte

  • Ordinario
  • Persoas adultas (distancia): Neste réxime o alumnado sigue as clases a través dunha plataforma de ensino a distancia con titorías presenciais unha vez á semana.

Saídas profesionais

Este profesional exerce a súa actividade na área de informática de entidades que dispoñan de sistemas para a xestión de datos e infraestrutura de redes (intranet, internet e/ou extranet).

As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

  • Técnico/a en administración de sistemas.
  • Responsable de informática.
  • Técnico/a en servizos de internet.
  • Técnico/a en servizos de mensaxería electrónica.
  • Persoal de apoio e soporte técnico.
  • Técnico/a en teleasistencia.
  • Técnico/a en administración de base de datos.
  • Técnico/a de redes.
  • Supervisor/ora de sistemas.
  • Técnico/a en servizos de comunicacións.
  • Técnico/a en contornos web.

Duración

Este ciclo ten unha duración de 2000 horas.

Idiomas

  • O alumnado pode solicitar o título noutros idiomas no marco Europass

A ter en conta para o réxime de Persoas adultas

Estes estudios son modulares, polo que alumno se matriculará dos módulos (materias) que considere. A duración para acabar estes estudios é de dous curso académicos completos e dun trimestre máis para a realización do módulo de Formación en Centros de Traballo e do módulo de proxecto.

O departamento de informática recomenda:

  • En xeral convén ter cursados os módulos do primeiro curso antes de cursar os módulos de segundo curso.
  • Para cursar Administración de Sistemas Operativos convén ter cursado:
    • Implantación de Sistemas Operativos
    • Planificación e Administración de Redes
  • Para cursar Administración de Sistemas Xestores de Bases de Datos convén ter cursado:
    • Xestión de Bases de Datos
  • Para cursar Servizos de Rede e Internet convén ter cursado:
    • Planificación e Administración de Redes
    • Implantación de Sistemas Operativos
  • Para cursar Implantación de Aplicacións Web convén ten cursado:
    • Linguaxes de Marcas e Sistemas de Xestión da Información
  • Para cursar Seguridade Informática convén ten cursado:
    • Implantación de Sistemas Operativos
  • Convén cursar ao mesmo tempo:
    • Seguridade Informática
    • Servizos de Rede e Internet

Se un alumno se matricula de módulos de primeiro e de segundo o mesmo ano (tendo en conta o itinerario proposto), é moi posible que se solapen en horario.

 

Máis información

  • Cales son os requisitos para acceder a un ciclo de grao superior?
  • Probas acceso a ciclos
  • Validacións
  • Currículos dos ciclos
  • Formación en centros de traballo
  • Normativa que regula a Formación Profesional

Ciclo Formativo Superior de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma

Título que se obtén

Técnico Superior en Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma

Réximes nos que se imparte

  • Ordinario
  • Persoas adultas (presencial): Neste réxime a matrícula é modular (por materias). A matrícula parcial por módulos permite que cada persoa deseñe o seu itinerario formativo en función da súa actividade laboral, das cargas familiares ou doutras actividades, respondendo así ás necesidades e aos intereses persoais ao longo da vida.
  • Persoas adultas (distancia): Neste réxime o alumnado sigue as clases a través dunha plataforma de ensino a distancia con titorías presenciais unha vez á semana.

Saídas profesionais

As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en entidades públicas ou privadas de calquera tamaño, tanto por conta allea como por conta propia, e desempeñan o seu traballo na área de desenvolvemento de aplicación informáticas multiplataforma en diversos ámbitos: xestión empresarial e de negocio, relacións con clientes, educación, lece

As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:r, dispositivos móbiles e entretemento; aplicación desenvolvidas e implantadas en contornos de alcance intranet, extranet e Internet; e implantación e adaptación de sistemas de planificación de recursos empresariais e de xestión de relacións con clientes.

  • Desenvolvedor de aplicacións informáticas para a xestión empresarial e de negocio.
  • Desenvolvedor de aplicacións de propósito xeral.
  • Desenvolvedor de aplicacións no ámbito do entretemento e a informática móbil

Duración

Este ciclo ten unha duración de 2000 horas.

Idiomas

  • O alumnado pode solicitar o título noutros idiomas no marco Europass

A ter en conta para o réxime de Persoas adultas

Estes estudos son modulares, polo que alumno se matriculará dos módulos (materias) que considere. A duración para acabar estes estudios é de dous curso académicos completos e dun trimestre máis para a realización do módulo de Formación en Centros de Traballo e do módulo de proxecto.

En xeral é conveniente ter cursados os módulos do primeiro curso antes de cursar os módulos de segundo curso.

En particular recomendamos:

  • Cursar ao mesmo tempo no primeiro ano
    • Programación
    • Contornos de Desenvolvemento
  • Para cursar calquera dos módulos de segundo convén ter cursado Programación
  • Para cursar Acceso a Datos convén ter cursado:
    • Programación
    • Bases de Datos
  • Para cursar Programación multimedia e dispositivos móbiles convén ter cursado:
    • Programación
    • Linguaxes de Marcas e Sistemas de Xestión da Información
    • Bases de Datos

Se un alumno se matricula de módulos de primeiro e de segundo o mesmo ano (tendo en conta o itinerario proposto), é moi posible que se solapen en horario.

 

Máis información

  • Cales son os requisitos para acceder a un ciclo de grao superior?
  • Probas acceso a ciclos
  • Validacións
  • Currículos dos ciclos
  • Formación en centros de traballo
  • Normativa que regula a Formación Profesional

Ciclo Formativo Superior de Desenvolvemento de Aplicacións Web

Título que se obtén

Técnico Superior en Desenvolvemento de Aplicacións Web

Réximes nos que se imparte

  • Ordinario
  • Persoas adultas (distancia):  Neste réxime o alumnado sigue as clases a través dunha plataforma de ensino a distancia con titorías presenciais unha vez á semana.
  • Dual: O alumnado compaxinará os seus estudos no centro educativo con prácticas remuneradas na empresa Plexus.

Réxime dual

Estes estudios teñen unha duración de 2 anos académicos, completando a súa formación no centro educativo con prácticas remuneradas en empresa, de maio a agosto do primeiro curso e todo o segundo curso.

A ter en conta para o réxime de persoas adultas

Estes estudios son modulares, polo que alumno se matriculará dos módulos (materias) que considere. Matriculándote do máximo de módulos posible cada ano, a duración para acabar estes estudios é de dous cursos académicos completos e dun trimestre máis para a realización do módulo de Formación en Centros de Traballo e do módulo de Proxecto.

O departamento de informática recomenda:

  • Cursar ao mesmo tempo no primeiro ano:
    • Programación
    • Contornos de desenvolvemento
  • Para cursar calquera dos módulos de segundo convén ter cursado Linguaxes de Marcas e Sistemas de Xestión da Información.
  • Para cursar Desenvolvemento web en contorno servidor convén ter cursado:
    • Programación
    • Bases de datos
  • Para cursar Desenvolvemento web en contorno cliente convén ter cursado:
    • Programación
  • Para cursar DAW (Despregamento aplicacións web) convén ten cursado:
    • Sistemas Informáticos

Se un alumno se matricula de módulos de primeiro e de segundo o mesmo ano (tendo en conta o itinerario proposto), é moi posible que se solapen en horario.

Saídas profesionais

As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en empresas ou entidades públicas ou privadas, por conta allea ou por conta propia, e desempeñan o seu traballo na área de desenvolvemento de aplicacións informáticas relacionadas con contornos web (intranet, extranet e internet).

As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

  • Programador web.
  • Programador multimedia.
  • Desenvolvedor de aplicacións en contornos web.

Duración

Este ciclo ten unha duración de 2000 horas.

Idiomas

  • O alumnado pode solicitar o título noutros idiomas no marco Europass

  

Máis información

  • Cales son os requisitos para acceder a un ciclo de grao superior?
  • Probas acceso a ciclos
  • Validacións
  • Currículos dos ciclos
  • Formación en centros de traballo
  • Normativa que regula a Formación Profesional

Curso de Especialización en Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías da información

 

 

Título que se obtén

Non se obtén un título, senón un certificado que acredite a superación do curso de especialización en Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías da información.

Réximes nos que se imparte

  • Ordinario

Saídas profesionais

As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en sectores nos que sexa necesario establecer mecanismos e medidas para a protección dos sistemas de información e das redes de comunicacións.

As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

  • Experto/a en ciberseguridade
  • Auditor/a de ciberseguridade
  • Consultor/a de ciberseguridade
  • Hacker ético/a

Duración

Este ciclo ten unha duración de 720 horas.

Máis información

Curso de Especialización en Intelixencia Artificial e Big Data

 

 

Título que se obtén

Non se obtén un título, senón un certificado que acredite a superación do curso de especialización en Intelixencia artificial e big data.

Saídas profesionais

As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en empresas, públicas e privadas de todos os sectores produtivos, tanto por conta allea como propia, desempeñando o seu traballo na área de programación, infraestrutura ou consultoría.

As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

  • Desenvolvedor de Intelixencia Artificial e Big Data.
  • Programador de sistemas expertos.
  • Experto en Intelixencia Artificial e Big Data.
  • Analista de datos.

Réximes nos que se imparte

  • Ordinario

 

  • Persoas adultas (distancia):  Neste réxime o alumnado sigue as clases a través dunha plataforma de ensino a distancia con titorías presenciais unha vez á semana.

Duración

Este ciclo ten unha duración de 600 horas.

Idiomas

  • O alumnado pode solicitar o título noutros idiomas no marco Europass

Máis información

  • Currículos dos ciclos
  • Normativa que regula a Formación Profesional

Curso de Especialización en Desenvolvemento de aplicacións en linguaxe Python

 

 

Título que se obtén

Non se obtén un título, senón un certificado que acredite a superación do curso de especialización en Desenvolvemento de aplicacións en linguaxe Python.

Réximes nos que se imparte

  • Ordinario en horario vespertino

Saídas profesionais

Aprenderase a desenvolver aplicacións en linguaxe Python, optimizando a programación, seleccionando a arquitectura máis adecuada e verificando os resultados de acordo ás solucións para implementar.

Con estas capacidades, poderase acceder a todos os sectores económicos dedicados ao desenvolvemento de aplicacións en Python, tanto por conta allea como propia, desempeñando a actividade nas áreas de programación ou consultoría.

As ocupacións desempeñadas no mercado laboral serán:

  • Programadores en linguaxe Python.
  • Creadores de aplicacións en Python.
  • Verificadores / Depuradores de código.
  • Programadores web.
  • Programadores DevOps (desenvolvemento de operacións).

Duración

Este ciclo ten unha duración de 215 horas.

 

Máis información

Informática e comunicacións
Xunta de Galicia

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na Internet polo centro educativo

Mapa do sitio - Contacto co centro - Accesibilidade - Aviso Legal

IES de Teis