Título que se obtén
Graduado/a en Educación Secundaria Obrigatoria
Réximes nos que se imparte
- Ordinario: Luns a venres de 9:00 a 14:30 e o luns de 16:00 a 17:40.
Que é a ESO?
A Educación Secundaria Obligatoria (ESO) é unha etapa educativa obrigatoria e gratuíta que completa a educación básica. Consta de catro cursos académicos que se realizarán ordinariamente entre os 12 e os 16 años de idade.
Organízase de acordo cos principios de educación común e de atención á diversidade do alumnado. Presta especial atención na orientación educativa e profesional.
Ten como finalidade:
- Lograr que todos adquiran os elementos básicos da cultura: humanísticos, artísticos, científicos e tecnolóxicos.
- Desenvolver e consolidar hábitos de estudio e de traballo.
- Preparar ó alumnado para a incorporación a estudos posteriores e para a súa inserción laboral.
- Formar a todos para o exercicio dos dereitos e obrigacións na vida como cidadáns.
Un alumno/a poderá repetir un máximo de dous cursos e permanecer, en réxime ordinario, ata os dezaoito años de idade cumpridos no ano no que finalice o curso.
Axudas para alumnado de novo ingreso
O alumnado de novo ingreso poderá solicitar o Cheque escolar e os libros gratuitos no Fondo de Libros
PROA+
Co fin de ofrecer apoio e orientación ao alumnado en situación de vulnerabilidade educativa e de reducir as taxas de abandono escolar, o IES de Teis oferta o Programa de Orientación, Avance e enriquecimiento educativo (PROA +)
Programa de Diversificación Curricular
O IES de Teis oferta o Programa de Diversificación Curricular nos cursos de 3º e 4º de ESO.
Integración das TIC
O réxime impártese nun sistema híbrido, polo que se combina o material didáctico físico tradicional, xunto co dixital na plataforma E-dixgal.
O IES de Teis está integrado no proxecto Abalar dende o curso 2010-2011 (máis información).
Cursos e grupos no IES Teis
A continuación móstrase o número de grupos de cada un dos cursos
| Curso | Número de grupos |
|---|---|
| 1º ESO | 2 |
| 2º ESO | 2 |
| 3º ESO | 2 |
| 4º ESO | 2 |
Itinerarios en 4º da ESO
Os itinerarios ofertados no IES de Teis en 4º da ESO son:
- Itinerario encamiñado a Bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía: Matemáticas B, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química, Tecnoloxía/Expresión artística
- Itinerario encamiñado a Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais: Matemáticas B, Economía, Latín, Música/Expresión artística
- Itinerario encamiñado a Ciclo Formativo de Grao Medio ou Mundo Laboral: Matemáticas A, Tecnoloxía, Formación e Orientación Persoal e Profesional, Música/Expresión artística
- Itinerario alumnado PDC: Tecnoloxía, Música, Formación e Orientación Persoal e Profesional, Expresión artística
Idiomas e Erasmus
O alumnado pode participar no Programa CUALE e no programa de Erasmus escolar.
