Antes do intercambio
Información e normas de participación:
- As mobilidades Erasmus repartiranse de forma equitativa entre os departamentos de Imaxe Persoal e Informática
- A duración das mobilidades adaptarase a periodo de FCT de cada grupo.
- Os criterios de selección son os seguintes:
- Nivel de idioma.
- Expediente académico do primeiro curso.
- Avaliación de destrezas por parte da titoría e o equipo docente.
- Se o alumno ou alumna decide retornar antes da finalización da mobilidade deberá consignar a parte proporcional da beca recibida e será cualificado NON APTO na FCT.
- As bolsas para as mobilidades inclúen unha partida para viaxe que varía en función dos quilómetros de distancia e unha achega mensual que está baseada nos seguintes parámetros:
KA131 (Educación Superior: Ciclos superiores e cursos de especialización)
| Grupo | Países | Importe por mes | |
| Grupo 1 | Alemania, Austria, Bélgica, Dinamarca, Finlandia, Francia Irlanda, Islandia, Italia, Liechtenstein, Luxemburgo, Noruega, Países Bajos, Suecia, Andorra, Estado de la Ciudad del Vaticano, Mónaco, San Marino; Islas Feroe, Reino Unido, Suiza. | 400€ | |
| Grupo 2 | Chequia, Chipre, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Grecia, Letonia, Malta, Portugal. | 350€ | |
| Grupo 3 | Bulgaria, Croacia, Hungría, Lituania, Macedonia del Norte, Polonia, Rumanía, Serbia, Turquía. | 300€ | |
KA121 (Ciclos básicos e medios)
| Grupo | Países | Importe por día | |||
| Día 1 - 14 | Día 15 - 365 | ||||
| Grupo 1 | Alemania, Austria, Bélgica, Dinamarca, Finlandia, Francia Irlanda, Islandia, Italia, Liechtenstein, Luxemburgo, Noruega, Países Bajos, Suecia, Andorra, Estado de la Ciudad del Vaticano, Mónaco, San Marino; Islas Feroe, Reino Unido, Suiza. | 48€ | 34€ | ||
| Grupo 2 | Chequia, Chipre, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Grecia, Letonia, Malta, Portugal. | 42€ | 29€ | ||
| Grupo 3 | Bulgaria, Croacia, Hungría, Lituania, Macedonia del Norte, Polonia, Rumanía, Serbia, Turquía. | 36€ | 25€ | ||
Alumnado seleccionado:
O alumnado seleccionado para unha mobilidade deberá entregar nun prazo de 7 días despois de publicación tras a finalización do proceso de selección os seguintes documentos (poden ser escaneados e enviados por e-mail):
- Fotocopia do DNI
- Fotocopia do certificado de titularidade bancaria.
- Fotocopia da Tarxeta sanitaria europea.
- Curriculum vitae.
- Carta de motivación.
Plataforma OLS:
- O alumnado terá ao seu dispor un enlace á plataforma de aprendizaxe de linguas OLS.
Durante o intercambio
Remitir documentación que se solicite:
- O alumnado, tal como se establece no acordo de compromiso deberá remitir e/ou cumprimentar toda a documentación que se lle indique nas reunións previas a mobilidade.
Seguimiento das mobilidades:
- O seguimento da mobilidade levarase a cabo tanto polo titor de prácticas coma do persoal do departamento de Relacións Internacionais.
- Dito seguimento poderá ser levado a cabo por medios telemáticos e/ou incluso visita "in situ" á institución de acollida.
Despois do intercambio
Reunión final:
- O alumnado unha vez retornado deberá reunirse con membros do departamento de Proxectos Internacionais e titor de prácticas para:
- Tramitación dos documentos finais e recoñecemento e validacións correspondentes.
- Realizar a enquisa.
- Publicación da súa experiencia na web do centro.
- Entrega do proxecto (alumnado de ciclos superiores).

