A nosa coordinadora Erasmus+ participa nas Xornadas KA121-VET do SEPIE en Jaén
Marta Rey, coordinadora de proxectos internacionais do IES de Teis, estreouse no posto participando nas Xornadas de Mobilidade Erasmus+ de Formación Profesional KA121-VET, organizadas polo SEPIE (Servicio Español para la Internacionalización de la Educación) en Jaén.
O KA121-VET é o noso proxecto acreditado Erasmus+, que ofrece bolsas ao alumnado de FP Básica e de ciclos medios, e ao profesorado que imparte neses ciclos, para formarse e facer prácticas noutros países europeos.
