Erasmus a Oporto
Somos Dubiani, Kirill e Tymur, tres alumnos de FP Básica de Informática que realizamos unha mobilidade Erasmus no terceiro trimestre.
Somos Dubiani, Kirill e Tymur, tres alumnos de FP Básica de Informática que realizamos unha mobilidade Erasmus no terceiro trimestre.
O pasado sábado 13 de xuño, o alumnado de 1º de Bacharelato da materia de Tecnoloxía e Enxeñaría participou na Regata Solar 2026, celebrada na praia da Baía de Bouzas e organizada pola Asociación A Industriosa de Vigo.
Ao longo do curso, o alumnado deseñou e fabricou a embarcación solar TECNOTEIS, empregando ferramentas de deseño e impresión 3D, fabricación dixital, electrónica, programación e integración de sistemas de propulsión alimentados por enerxía solar. Todo este traballo permitiulles desenvolver un proxecto real aplicando os coñecementos adquiridos na aula.
O esforzo e a dedicación tiveron a súa recompensa, xa que o equipo do IES de Teis conseguiu proclamarse campión da competición.
Parabéns ao alumnado participante por este magnífico logro e por representar con orgullo ao noso centro..
A profesora Melca Feijóo (de Imaxe Persoal) impartiu unha charla ao alumnado da familia de Administración e Xestión do IES RICARDO MELLA sobre a importancia da imaxe persoal no entorno laboral, onde o alumnado aprendeu que a imaxe comunica e a sua importancia no mercado laboral.
O Club de lectura e 4º ESO PDC visitaron o pasado 28 de maio o Pazo de Meirás onde puideron coñecer a historia e os segredos deste lugar tan emblemático. Para rematar o día da mellor maneira, aproveitamos o bo tempo para achergarnos ata a praia de Santa Cruz en Oleiros, o lugar idóneo para relaxarse e compartir xuntos un gran momento fóra das aulas.
Os profesores do departamento de Informática, Alejandro Vidal e Víctor Saiáns, viaxaron recentemente a Castellana Grotte (Italia) grazas a unha mobilidade de formación do programa Erasmus+.
Xa está publicada toda a información sobre a admisión ás ensinanzas de FP en oferta ordinaria, modular, FP dual intensiva, formación acelerada e cursos de especialización.
Nos seguintes documentos pódense consultar as instrucións xerais, a información para os centros, os calendarios e guía rápida de solicitudes.
O resto de información de carácter xeral estará dispoñible na páxina web de FP.
O pasado 28 de Maio, o noso alumnado de Imaxe Persoal, do CM de Estética e Beleza e do CS de Caracterización e Maquillaxe Profesional participou nunha actividade de limpeza da praia Arealonga, en Redondela.
Ao longo desa tarde puideron ser conscientes, de primeira man, todo o lixo que remata nos nosos mares. Recolleron, entre outros, todo tipo de escombros de construción, pilas, toallitas, e por suposto unha inmensa cantidade de plásticos.
Os días 28 e 29 de maio celebramos no IES de Teis a primeira edición da nosa tenda pop-up de cosmética, unha actividade do alumnado de 1CMEB, 2CMEB e 1CSEIB para practicar a fabricación de produtos cosméticos e achegarse á iniciativa emprendedora.
Nos pasados días recibimos no noso centro a visita de dous profesores de Italia especializados en Informática e en Intelixencia Artificial.
Durante a semana do 11 ao 17 de maio, Paula Álvarez, profesora do departamento de FOL, realizou unha mobilidade Erasmus+ en Atenas.
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na Internet polo centro educativo
Mapa do sitio - Contacto co centro - Accesibilidade - Aviso Legal
