Durante a semana do 11 ao 17 de maio, Paula Álvarez, profesora do departamento de FOL, realizou unha mobilidade Erasmus+ en Atenas.
Este Erasmus+ consistiu na realización dun curso impartido por Europass Teacher Academy en relación ao traballo mediante proxectos STEAM nas aulas. Ademais de aprender sobre esta metodoloxía, o curso tamén ofreceu moitos recursos para empregar no día a día da aula.
O curso foi realizado xunto con outros profesores do resto de Europa, co cal serviu tamén para achegar posturas partindo de diferentes formas de traballar no mesmo.
