Recibimos no centro a Exposición De Circe a Morgana sobre Begoña Caamaño que foi elaborada no IES Castelao de Vigo e resultou gañadora do certame convocado pola Consellería de Educación. O alumnado achegouse á figura da autora homenaxeada para coñecer a súa traxectoria.Asemade, o equipo da biblioteca organizou un concurso de autoras galegas e un obradoiro de estampación en camisetas de frases feitas da nosa lingua. Ao rematar, levárona de agasallo e marcharon felices coa súa peza personalizada!
