Ola, son Pablo, estudante do Ciclo Formativo de Grao Superior en Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma (DAM). Grazas ao programa Erasmus+, tiven a oportunidade de facer as miñas prácticas en Fano, unha pequena cidade na costa adriática italiana, e podo dicir sen dúbida que foi unha das mellores decisións que tomei na miña vida. A nivel profesional, traballei nunha empresa de software especializada en identidade dixital e xestión documental, onde puiden aplicar e ampliar os meus coñecementos sobre tecnoloxías coas que non estaba familiarizado. Aprender a traballar nun ambiente diferente, con outras metodoloxías e dinámicas, axudoume a crecer moito como técnico. Pero máis alá do aspecto profesional, a experiencia persoal foi o que realmente me impactou. Vivir só noutro país, adaptarme a outra cultura e idioma, saír da miña zona de confort cada día... todo iso cámbiate de xeitos difíciles de explicar ata que o vives. Fano é unha cidade encantadora: tranquila, acolledora, co mar sempre preto. Coñecín xente incrible de diferentes países e culturas, cos que compartín momentos que nunca esquecerei. Volvo con novas habilidades, novos amigos e, sobre todo, moita máis confianza en min mesmo. Se tes a oportunidade de facer un Erasmus, non o dubides. Aprovéitao
