• Inicio
  • O centro
    • Datos de contacto
    • Horario de atención ao público
    • Localización
    • Organigrama
    • Transporte escolar
    • Documentos
  • Secretaría
    • Trámites
  • Erasmus+
    • Contacto
    • Novas
    • Convocatorias e resolucións
    • Información para o alumnado
    • Información para o profesorado
    • Principios Erasmus
  • Programacións
  • Biblioteca
    • Información
    • Novas
    • Radio
    • Clubs de lectura
  • FCT
    • Que é a FCT?
    • Información para o alumnado
    • Información para empresas
    • Información para exalumnado
  • Oferta educativa
    • Ensino Secundario Obrigatorio
    • Bacharelato
    • Formación Profesional - Imaxe Persoal
    • Formación Profesional - Informática e Comunicacións
    • Ensino Secundario para Persoas Adultas
    • Programa CUALE
  • Novas
    • Curso 2025-26

User account menu

  • Iniciar sesión
Inicio
  • Inicio
  • O centro
    • Datos de contacto
    • Horario de atención ao público
    • Localización
    • Organigrama
    • Transporte escolar
    • Documentos
  • Secretaría
    • Trámites
  • Erasmus+
    • Contacto
    • Novas
    • Convocatorias e resolucións
    • Información para o alumnado
    • Información para o profesorado
    • Principios Erasmus
  • Programacións
  • Biblioteca
    • Información
    • Novas
    • Radio
    • Clubs de lectura
  • FCT
    • Que é a FCT?
    • Información para o alumnado
    • Información para empresas
    • Información para exalumnado
  • Oferta educativa
    • Ensino Secundario Obrigatorio
    • Bacharelato
    • Formación Profesional - Imaxe Persoal
    • Formación Profesional - Informática e Comunicacións
    • Ensino Secundario para Persoas Adultas
    • Programa CUALE
  • Novas
    • Curso 2025-26

Miga de pan

  • Inicio
  • Erasmus a Croacia

Erasmus a Croacia

Erasmus a Croacia

Durante a semana do 4 ao 8 de maio, os nosos compañeiros do departamento de Informática Nuria Canle e Roberto Pérez, realizaron unha mobilidade Erasmus+ de job-shadowing na institución de educación de persoas adultas Učilište Studium na cidade de Zadar (Croacia) , malia que tamén aproveitaron a ocasión para visitar outro dos centros educativos desta institución noutra cidade do país, Split. Alí coincidiron con dúas profesoras máis do IES Virgen de la Paz, de Madrid, con quen tamén puideron compartir experiencia e coñecementos.

Učilište Studium Zadar é unha das cinco sedes que AEI Studium posúe ao longo de toda Croacia. AEI Studium fundouse no 2010 e é actualmente unha das institucións líderes en educación de adultos en Croacia. Ofrece máis de 200 programas diferentes de actualización profesional, de programas de microcalificación, así coma un gran número de cursos de perfeccionamento, obradoiros e outras actividades. Implementa programas nos sectores de saúde e benestar social, economía e comercio, enxeñería eléctrica, informática, imaxe persoal, etc.

Durante a estadía puideron coñecer o funcionamento do sistema educativo croata, coñecer a oferta formativa e proxectos levados a cabo pola institución, e mesmo participar nun exame final da especialidade de imaxe persoal! Ademais, realizaron tamén unha visita a un centro incubador de novas tecnoloxías, onde se ofrece un espazo co-working, academia de formación e numerosas startups con empresas emerxentes.

A participación nesta mobilidade Erasmus en Zadar resultou unha experiencia especialmente enriquecedora tanto a nivel profesional como persoal. Durante estes días tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man outra realidade educativa e profesional, observar diferentes formas de traballar e intercambiar experiencias con docentes e profesionais doutro contexto europeo.

Sen dúbida, esta experiencia representou unha oportunidade para continuar mellorando a calidade educativa, fomentar a innovación docente e achegar ao alumnado unha visión máis internacional e conectada coa realidade profesional europea.

 
Erasmus a CroaciaErasmus a CroaciaErasmus a CroaciaErasmus a CroaciaErasmus a CroaciaErasmus a CroaciaErasmus a CroaciaErasmus a CroaciaErasmus a CroaciaErasmus a Croacia
Curso 2025-26
Informática e comunicacións
Novas
Xunta de Galicia

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na Internet polo centro educativo

Mapa do sitio - Contacto co centro - Accesibilidade - Aviso Legal

IES de Teis