Sonoterapia, mindfulness, ioga e xestión emocional
🌿✨ Os días 1 e 2 de xuño tivemos o pracer de compartir no CRA de Valga unhas xornadas moi especiais da man de Cristina de Experencia Wellness.
🌿✨ Os días 1 e 2 de xuño tivemos o pracer de compartir no CRA de Valga unhas xornadas moi especiais da man de Cristina de Experencia Wellness.
Para pechar as actividades da biblioteca deste curso, gozamos dunha xornada moi especial ao aire libre, compartindo música, alegría e tempo en familia. Nesta clausura tivemos a sorte de contar co concerto de CE Orquestra, que nos fixo vivir un encontro divertido e moi participativo. Da man deste músico, as familias e o alumnado puideron gozar dun espectáculo cheo de ritmo e humor, no que non faltaron as cancións, o movemento e as ganas de pasalo ben.
A nosa biblioteca recibiu a visita da contacontos Raquel Queizás, quen nos agasallou cunha sesión chea de música e tradición arredor das romarías galegas.
A biblioteca do centro acolleu unha nova sesión de Martes de conto, nesta ocasión coa actividade A galiña dos ovos de conto da man de Pedras de Papel, que nos presentou unha proposta chea de imaxinación, humor e creatividade.
No marco do Proxecto Terra, na bilioteca tivemos a oportunidade de participar nun interesante obradoiro da man da arquitecta Mar Penelas, de Tres Ecosistemas, quen nos convidou a observar a natureza .
Con motivo da celebración do Día do Libro, no noso centro desenvolvemos unha serie de actividades que converteron a lectura na gran protagonista durante toda a semana.
Un dos momentos máis fermosos foi a visita das familias ás distintas escolas para compartir contos co alumnado. Foi unha oportunidade marabillosa para gozar e acompañar aos nosos nenos e nenas no descubrimento dos libros e da lectura.
Dentro das actividades vinculadas ao noso proxecto Feira en Feira e ao programa de Igualdade, o alumnado participou nun interesante taller de olaría que nos permitiu achegarnos a un dos oficios tradicionais máis representativos da nosa cultura e, ao mesmo tempo, poñer en valor o papel das mulleres que contribuíron á súa conservación ao longo do tempo.
Dentro das actividades do Plan Proxecta Donas de si, tivemos a sorte de recibir na nosa biblioteca unha actividade moi especial dedicada ás “Cantareiras”, mulleres que desempeñaron un papel fundamental na conservación e transmisión da nosa cultura popular.
A biblioteca do centro volveu abrir as súas portas ás familias para acoller unha nova sesión formativa dentro das ENAPAS, unha iniciativa promovida para favorecer espazos de diálogo e aprendizaxe compartida entre a comunidade educativa.
Tivemos a sorte de recibir na biblioteca do centro a visita da protectora de animais do Morrazo, nunha actividade moi especial que encantou tanto ao alumnado como ás familias participantes.
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na Internet polo centro educativo
Mapa do sitio - Contacto co centro - Accesibilidade - Aviso Legal
