Celebración das letras Galegas
Con motivo do Día das Letras Galegas, o alumnado do CRA de Valga participou no Letreseo, unha xornada de convivencia e promoción da lingua galega celebrada na Fundación Camilo José Cela, en Padrón.
Con motivo do Día das Letras Galegas, o alumnado do CRA de Valga participou no Letreseo, unha xornada de convivencia e promoción da lingua galega celebrada na Fundación Camilo José Cela, en Padrón.
🌿💚 O venres 5 de xuño celebramos o Día do Medio Ambiente cunha fermosa andaina organizada polos nenos e nenas do CRA de Valga.
Durante o percorrido polo monte puidemos descubrir a riqueza da flora e da fauna que nos rodea, cantar cancións e gozar da natureza en boa compañía. Ademais, tivemos a oportunidade de observar un muíño de vento.
Para rematar esta xornada tan especial, compartimos unha merenda no Parque de Beiro, desfrutando dun tempo de convivencia, xogos e sorrisos.
Un día cheo de aprendizaxes, natureza e amizade que gardaremos con moito cariño. 🌱☀️
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na Internet polo centro educativo
Mapa do sitio - Contacto co centro - Accesibilidade - Aviso Legal
