- Inicio
- O centro
- Escolas
- Secretaría
- Actividades
- Biblioteca
- Calendario
- Galerías
- Familias
- Espazo do profesorado
Unha tarde para aprender, compartir e inspirarnos: visita á escola de Carrio no marco do PFPP
Dentro das actividades do noso PFPP, tivemos a sorte de compartir unha xornada formativa moi especial coa visita á escola de Carrio, do CRA de Bergondo, un encontro que nos deu tempo para observar e seguir aprendendo xuntas.
Ao longo da visita puidemos coñecer un pouco máis de preto o funcionamento desta escola, a organización dos seus espazos, a importancia dos materiais, a calma dos tempos e a maneira de acompañar ás nenas e aos nenos desde o respecto, a observación e a confianza nas súas capacidades.
