- Inicio
- O centro
- Escolas
- Secretaría
- Actividades
- Biblioteca
- Calendario
- Galerías
- Familias
- Espazo do profesorado
A nosa biblioteca continúa consolidándose como un lugar de encontro, aprendizaxe e intercambio de experiencias, acollendo nesta ocasión unha nova sesión formativa dirixida ao profesorado dentro do PFPP do centro.
Nesta xornada tivemos a sorte de contar con Mercedes Prieto, quen nos guiou nunha enriquecedora formación centrada na música e na danza como ferramentas educativas e de expresión. Ao longo da sesión, o profesorado participou en diferentes prácticas relacionadas co movemento, o ritmo, a coordinación e a expresión corporal, descubrindo novas propostas para levar ás aulas dun xeito lúdico e vivencial.
A formación permitiunos reflexionar sobre a importancia da música e da danza no desenvolvemento integral do alumnado, así como compartir recursos que favorecen aprendizaxes máis creativas e activas.
Con iniciativas coma esta, a biblioteca reafírmase como un espazo vivo e aberto non só á lectura, senón tamén á formación continua.
Agradecemos enormemente a Mercedes a súa cercanía, profesionalidade e todas as ideas compartidas durante esta sesión tan inspiradora.
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na Internet polo centro educativo
Mapa do sitio - Contacto co centro - Accesibilidade - Aviso Legal
