Dentro das actividades do noso PFPP, tivemos a sorte de compartir unha xornada formativa moi especial coa visita á escola de Carrio, do CRA de Bergondo, un encontro que nos deu tempo para observar e seguir aprendendo xuntas.
Ao longo da visita puidemos coñecer un pouco máis de preto o funcionamento desta escola, a organización dos seus espazos, a importancia dos materiais, a calma dos tempos e a maneira de acompañar ás nenas e aos nenos desde o respecto, a observación e a confianza nas súas capacidades.
A xornada permitiunos tamén achegarnos á pedagoxía Waldorf da man de Saleta Mendoza, que compartiu con nós unha visión educativa baseada no respecto aos ritmos do alumnado, na importancia do xogo libre, da creación e da conexión co contorno e coa vida cotiá.
Queremos agradecer ao CRA de Bergondo a súa acollida e a súa xenerosidade ao abrirnos as portas, e tamén a Saleta Mendoza por acompañarnos e compartir con nós unha experiencia tan inspiradora.
