A biblioteca do centro volveu abrir as súas portas ás familias para acoller unha nova sesión formativa dentro das ENAPAS, unha iniciativa promovida para favorecer espazos de diálogo e aprendizaxe compartida entre a comunidade educativa.
Nesta ocasión, a formación estivo centrada na disciplina positiva, unha metodoloxía educativa baseada no respecto mutuo, a comunicación e o acompañamento emocional dos nenos e nenas. Ao longo da sesión, as familias puideron reflexionar sobre diferentes situacións cotiás e coñecer ferramentas e estratexias para educar con firmeza e afecto, favorecendo unha convivencia máis positiva.
A actividade desenvolveuse nun ambiente participativo e próximo, no que non faltaron os intercambios de experiencias, as situacións prácticas e os momentos de reflexión compartida.
