A nosa biblioteca recibiu a visita da contacontos Raquel Queizás, quen nos agasallou cunha sesión chea de música e tradición arredor das romarías galegas.
Ao longo do encontro, o alumnado viaxou a través de historias que nos achegaron ao mundo das festas populares de antano, descubrindo costumes, xogos, cancións e personaxes que forman parte do noso patrimonio cultural. Raquel fixo que as nenas e os nenos se convertesen tamén en protagonistas dos contos.
Queremos agradecer a Raquel esta fermosa visita e a oportunidade de gozar dunha experiencia tan enriquecedora.
