Unha visita moi especial
Tivemos a sorte de recibir na biblioteca do centro a visita da protectora de animais do Morrazo, nunha actividade moi especial que encantou tanto ao alumnado como ás familias participantes.
Tivemos a sorte de recibir na biblioteca do centro a visita da protectora de animais do Morrazo, nunha actividade moi especial que encantou tanto ao alumnado como ás familias participantes.
Nas últimas semanas, dentro do noso PDI De feira en feira, nas distintas escolas do CRA desenvolvemos un fermoso traballo arredor das abellas. A través de propostas, o alumnado foi descubrindo pouco a pouco como viven, como se organizan, cal é o seu papel na polinización e por que é tan importante coidalas e protexelas.
Na Escola de Chenlo vivimos uns días moi especiais arredor do conto A mellor sopa do mundo, unha historia que nos permitiu traballar a cooperación, a amizade e o valor de compartir. Despois de coñecer o conto na aula, as nenas puxéronse mans á obra para elaborar a súa propia sopa, participando na preparación dos ingredientes e descubrindo que, igual que na historia, cando cada persoa aporta algo o resultado pode ser marabilloso.
A nosa biblioteca converteuse nun espazo de aprendizaxe e formación para as familias coa realización dun obradoiro de primeiros auxilios, unha actividade moi práctica e de grande utilidade para o día a día.
Durante o mes de decembro, a nosa biblioteca encheuse de ilusión, aprendizaxe e maxia coas actividades de Nadal preparadas para o alumnado.
Comezamos cun momento moi especial: a lectura do conto Diferentes diferencias, compartida por unha das nosas familias colaboradoras. Foi unha actividade moi emotiva na que reflexionamos sobre o valor da diversidade, o respecto e a importancia de aceptar e celebrar aquilo que nos fai únicos. Agradecemos a participación da familia de María.
Na BiblioteCRA vivimos unha xornada moi especial na que se mesturaron a lectura, a reflexión e a solidariedade.
Con motivo do 25 de novembro, día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, no noso centro realizamos diferentes actividades de sensibilización en colaboración co Equipo de Convivencia, co obxectivo de fomentar entre o alumnado valores de respecto e igualdade.
Durante o outono, a Escola de Ferreirós mergullouse nun proxecto de investigación arredor dos cogumelos da nosa contorna. Durante varias semanas, os nenos e nenas exploraron o bosque acompañados por familias expertas, descubriron e identificaron diferentes especies e aprenderon sobre os fungos.
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na Internet polo centro educativo
Mapa do sitio - Contacto co centro - Accesibilidade - Aviso Legal
