A nosa biblioteca converteuse nun espazo de aprendizaxe e formación para as familias coa realización dun obradoiro de primeiros auxilios, unha actividade moi práctica e de grande utilidade para o día a día.
Durante a sesión, as persoas asistentes puideron aprender actuacións básicas ante situacións de emerxencia, como atragantamentos, pequenas lesións ou manobras básicas de reanimación. A formación combinou explicacións teóricas con exemplos prácticos, favorecendo a participación e a resolución de dúbidas por parte das familias.
Con iniciativas coma esta, a biblioteca continúa ampliando o seu papel como espazo aberto á comunidade educativa, promovendo non só a lectura e a cultura, senón tamén actividades de interese para as familias.
Agradecemos enormemente a Alfredo de Agaste por compartir o seu coñecemento e a boa acollida por parte de todas as familias participantes.
