Tipos de contido
Requisitos do completado
Drupal incorpora por defecto catro tipos de contido distintos. Pódense ver en Contido > Agregar contido ou en Administrar > Estrutura > Tipos de contido.(neste caso amósanse máis tipos pero están desactivados)

Artigo
- Utilizarase para contidos que se quere aparezan ordenados por data e hora de publicación, habitualmente os que van publicados nunha taxonomía na que se van publicando novos contidos con frecuencia.
- Non aparecen co usuario que os creou e a data de creación. (Esta opción pódese cambiar editando o tipo de contido e en Axustes da visualización activar Display author and date information (Amosar a información do autor e da data)).
- Levan obrigatoriamente unha imaxe.
- Os artigos promocionados á páxina principal son as Novas que se amosan na páxina de inicio da web.
- Vense ao final as taxonomías nas que está publicado.
- Vese a continuación un exemplo nas versións recortada e completa.
- Versión recortada (páxina da taxonomía).

- Versión completa (páxina do contido).

Páxina básica
- Utilizarase para contidos de caracter máis estático e que son vixentes durante un periodo longo de tempo. Por exemplo: Historia do centro, Datos de contacto, Composición dos órganos de goberno, Horarios, Documentación, etc.
- Non lles aparece nin o usuario nin a data de creación.
- Aparecen as "migas de pan" (ruta ata o contido).
- Na versión completa, vense ao final as taxonomías nas que está publicado.
- Vese a continuación un exemplo nas versións recortada e completa.
- Versión recortada (páxina da taxonomía).
- Versión completa (páxina do contido).
- Por defecto xa van creadas algunhas páxinas básicas con enlaces de menú:

Estas páxinas só hai que editalas e personalizar o texto para cada centro.
Evento
O contido de tipo evento é moi similar ao visto para os contidos de tipo páxina, coa particularidade de que o evento xerado reflectirase automaticamente no calendario. Para crear un contido tipo Evento ver esta documentación.
Destaque
Debaixo do menú principal atópase a zona de destaques, constituída por un carrusel automático de imaxes que ocupan todo o ancho da pantalla.- Pódese configurar o tempo e tipo de transicións entre imaxes.
- No centro de cada imaxe, incorpórase un texto (Título do contido) sobre un fondo semitransparente.
- Nos extremos esquerdo e dereito do carrusel existen unhas frechas que permiten moverse de xeito manual a través das distintas imaxes do carrusel
- Ademais, na parte inferior do carrusel atópanse uns cursores identificativos relativos á imaxe actual en relación co número total de imaxes que conforman o carrusel.
Un destaque é un tipo de contido configurado inicialmente para que apareza só na páxina de inicio do sitio.
- Recomendable para a páxina de benvida do centro e para noticias moi relevantes, pola súa gran visibilidade.
- Non se recomenda ter un gran número de destaques activos, xa que poderían pasar desapercibidos para o usuario polo tempo de espera entre as imaxes do carrusel.
- Premendo sobre a imaxe do carrusel ou o título accédese ao contido completo.
Creación dun contido tipo destaque
- Contido > Agregar contido > Destaque
- Engadir Título: será o texto que aparecerá sobre o fondo semitransparente da imaxe do carrusel.
- Imaxe: obrigatoriamente 1200 x 400 píxeles.
- Corpo: Contido do destaque, ao que se accederá ao premer sobre a imaxe ou o título, accedendo deste xeito ao contido completo.
- Opcionalmente, de considerarse necesario, posibilidade de asociar o destaque a un termo de taxonomía.
Última modificación: venres, 23 de xaneiro de 2026, 11:26 AM