Inserción de medios multimedia no corpo do contido
Completion requirements
En Drupal pódense inserir 5 tipos de medios distintos, 4 mediante a subida de ficheiros e 1 mediante URL:
- Imaxe (Tipos permitidos: png gif jpg jpeg)
- Audio (Tipos permitidos: mp3 wav aac)
- Documento (Tipos permitidos: txt rtf doc docx ppt pptx xls xlsx pdf odf odg odp ods odt fodt fods fodp fodg key numbers pages)
- Vídeo (Tipos permitidos: mp4)
- Vídeo remoto (Provedores permitidos: YouTube, Vimeo)
Cando se insire un medio no corpo dun contido, crease un medio que os administradores poden ver en Administrar, Contido, Medios. Cada un destes medios pode ser utilizado desde varios contidos da web.
Módulos necesarios:
Para que a inserción de medios estea dispoñible deben estar activos os seguintes módulos de Drupal:
- Media
- Media Library
Para inserir un medio no corpo dun contido seguiranse estes pasos:
- Situar o cursor no lugar do texto donde se quere inserir o medio e premer no botón "Inserir medio".

- Premer no tipo de medio desexado.

- Se o medio xa foi subido previamente podemos buscalo na parte inferior desa pantalla.

- Se o medio non existe aínda haberá que subir o ficheiro (salvo no caso do Vídeo remoto). Unha vez subido o ficheiro hai varias opcións:
- Cancelalo. Premendo no botón "X Quitar" cancélase a subida do ficheiro e a creación do medio.
- Gardalo e elexilo (Save and select). Sube o ficheiro, crea o medio e o marca para logo inserilo. Isto permite acceder á galería de medios dese tipo e elixir outro distinto. Logo haberá que premer no botón "Insert selected" para inserilo no corpo do contido.
- Gardalo e inserilo (Save and insert). Sube o ficheiro, crea o medio e xa o insire no corpo do contido.

- Unha vez inserido o medio, pódese axustar con varias ferramentas:
- Activar/desactivar subtítulo
- Crear/editar ligazón
- Axuste co texto.
- Engadir parágrafo antes.
- Engadir parágrafo despois.

Exemplo e particularidades de cada tipo de medio:
- Imaxe.
- Cando se insire unha imaxe como medio, que xa foi subida previamente do mesmo xeito, existe a posibilidade de reutilizar o mesmo medio e non subir o ficheiro de novo.
- Neste caso as ferramentas de axuste da imaxe son as mesmas que para o resto de medios, máis limitadas que cando se insire como ficheiro de imaxe como se ve nesta documentación: Inserción de imaxes no corpo do contido.

- Audio (exemplo visto no editor).

- Documento.
- Crearase unha ligazón ao ficheiro no corpo do contido. Dependendo do tipo de ficheiro o navegador intentará abrilo (p.e. un PDF) ou intentará descargalo.

- Vídeo (exemplo visualizando o contido).

- Vídeo Remoto.
- Para inserir un video remoto desde os proveedores compatibles (Youtube e Vimeo) ahi que premer no botón seguinte:

- Ao premer no botón aparece unha xanela na que se ten que poñer a url do video que se quere subir, premer no botón Insert:

- O video amosarase a pantalla completa.
Last modified: Wednesday, 26 November 2025, 5:59 PM