Contidos de tipo Artigo


Os contidos de tipo artigo promocionados á páxina principal son as Novas que se amosan na páxina de inicio da web (zona de novas).

As súas principais características son as seguintes:

  • Levan obrigatoriamente unha imaxe (subida directamente polo usuario ou, no seu defecto, unha imaxe predefinida).
  • Non é visible para os visitantes do sitio o nome do usuario que os creou nin a data de creación.
  • Son visibles os termos de taxonomía aos que está asociado.
  • Os contidos de tipo Artigo aparecen ordenados na páxina principal por data e hora de publicación descendente: os máis recentes en primeiro lugar.
    • Pódese cambiar a orde de aparición dun xeito sinxelo, editando o contido e cambiando a data/hora de creación do contido.
  • Teñen 2 visualizacións diferentes: 
    • Versión recortada para a páxina principal,  con escalado automático da imaxe e versión recortada do corpo do artigo.
    • Versión completa: Ao premer sobre a imaxe ou texto do artigo na zona de novas, accederase á imaxe orixinal e ao contido completo.


No enlace anterior especificouse de xeito detallado a creación dun contido de tipo artigo.

A continuación describiranse as características máis relevantes dos contidos Destaque, Páxina básica e Evento en contraposición ao tipo de contido Artigo.


Contidos de tipo Destaque


Os contidos de tipo Destaque constitúen o carrusel automático de imaxes que ocupan todo o ancho da pantalla, xusto por debaixo do menú de navegación principal.

Un destaque é un tipo de contido configurado inicialmente para que apareza só na páxina de inicio do sitio.

No centro de cada imaxe, incorpórase un texto (Título do contido) sobre un fondo semitransparente. Ao premer sobre a imaxe ou o título accédese ao contido completo do Destaque, coa visualización da imaxe en tamaño orixinal. 

Son contidos recomendables para a páxina de benvida do centro e para noticias moi relevantes, pola súa gran visibilidade. En calquera caso, non se recomenda ter un gran número de destaques activos, xa que poderían pasar desapercibidos para o usuario polo tempo de espera entre as imaxes do carrusel.

  • Nos extremos esquerdo e dereito do carrusel existen unhas frechas que permiten moverse de xeito manual a través das distintas imaxes do carrusel
  • Ademais, na parte inferior do carrusel atópanse uns cursores identificativos relativos á imaxe actual en relación co número total de imaxes que conforman o carrusel.


As súas principais características diferenciadoras respecto dos artigos son as seguintes:

  • Levan obrigatoriamente unha imaxe asociada, cunhas dimensións diferentes ás establecidas para os contidos de tipo Artigo. Esta imaxe ocupa todo o ancho da pantalla de xeito automático.
  • Non permite o emprego de campos de tipo Paragraphs
  • Non permite subir ficheiros adxuntos.
  • O criterio de ordenación dos Destaques é ascendente por data de creación, de xeito que os contidos con maior antigüidade amosaranse primeiro no carrusel.
    •  Pódese cambiar a orde de aparición dun xeito sinxelo, editando o contido e cambiando a data/hora de creación do contido.



Contidos de tipo Páxina básica


Os contidos de tipo Páxina básica empréganse normalmente para publicar información de carácter máis estático que os artigos, cunha vixencia máis longa no tempo (Por exemplo, un contido con información sobre a páxina do centro).

As súas principais características diferenciadoras respecto dos artigos son as seguintes:

  • Non se amosan na páxina principal do sitio.
  • Non levan obrigatoriamente ningunha imaxe asociada.

👉 Comparativa Páxina básica <-> Artigo non promocionado á páxina principal
  • A efectos prácticos, non hai diferencia entre as páxinas básicas e os artigos non promocionados á páxina principal, agás a imaxe dos artigos que é obrigatoria.


Contidos de tipo Evento no calendario


A creación dun contido de tipo evento é moi similar ao visto para os contidos de tipo páxina, coa particularidade de que o evento xerado reflectirase automaticamente no calendario, visible no menú de navegación principal.

Calendario


Os eventos teñen obrigatoriamente unha data de comezo e unha data de fin. Deste xeito, os días do calendario nos que haxa eventos publicados aparecerán destacados e actuarán como hipervínculos á propia información do contido (título e corpo do evento).

Existen dous métodos de creación de eventos:

  • Xestionar > Contido > Agregar contido > Evento (neste caso tomarase como data e hora de inicio a actual).
  • Alternativamente, premendo cun doble click directamente no día especificado no calendario como inicio do evento (neste caso tomarase como data de inicio a do día sinalado).

En calquera caso sempre  é posible modificar a data e hora. 

evevnto calendario


Ademais, existe a posibilidade de especificar eventos por día completo (Todo o día) ou con carácter periódico (Repítese).

 

No caso de seleccionar algunha opción en Repítese, amosarase unha lapela Avanzado con opcións de especificación da periodicidade.




Finalmente, cabe indicar que existen varias posibles vistas do calendario: mensuais, semanais, diarias ou por axenda

Exemplo de vista mensual

Exemplo de vista de Axenda:

Última modificación: mércores, 4 de febreiro de 2026, 2:03 PM