Programación automática da publicación/despublicación de contidos


Con carácter xeral, os contidos creados polos usuarios dos roles Editor principal ou Editor de contido son visibles para o resto dos usuarios da web, incluídos os anónimos, desde o momento no que son gardados, sempre e cando se marcase como activo o check Publicado. En caso contrario (check Publicado non activado), non serán visibles agás para os usuarios creadores ou os editores principais. 

Porén, en ocasións pode resultar interesante deixar preparado un contido para que se publique (e/ou opcionalmente se despublique) de xeito automático nunha determinada data, evitando así ter que entrar no contido para activar o check Publicado ou a necesidade de despublicalo unha vez perda a súa vixencia.

Opcións de planificación


Na columna dereita do formulario de creación/edición dun contido aparece Opcións de planificación. (Por defecto, non programado: not scheduled)

  • Publicar en: Establecer data/hora
  • Quitar publicación en: Establecer data/hora

opcionsplanificacion 

  • Unha vez gardados os cambios o sistema indicará se ten prevista unha data de publicación (scheduled for publishing) ou despublicación (scheduled for unpublishing).

opcion1

Consulta dos contidos programados no sitio web


  • Xestionar > Contido > Contido programado: Despregarase unha relación de todos os contidos programados no sitio web

Contido programado

👉 Publicación e despublicación automática de contidos: O cron do sistema
  • A efectos prácticos, a hora exacta de publicación ou despublicación dos contidos programados en Drupal non coincide exactamente cos valores establecidos nos campos indicados con anterioridade, senón coa seguinte execución do cron da web unha vez superada a data e hora da publicación ou despublicación.
  • O cron de Drupal é un sistema de planificación para a automatización de tarefas rutinarias, sen intervención manual,  que executa scripts periodicamente para labores de mantemento, limpeza da base de datos, envío de correos electrónicos, ou o control da programación automática de contidos, entre outras funcións.
  • O cron do sistema no Drupal de Webs Dinámicas execútase de xeito automático cada 3 horas, aínda que o seu cumprimento depende das visitas do sitio.
    • A modo de exemplo, se un contido ten programado a súa publicación (ou despublicación) ás 11:30 horas e o cron se executou por última vez ás 10:00 horas, a publicación (ou despublicación) non se fará efectiva a efectos prácticos ata as 13:00 horas.

Última modificación: martes, 17 de marzo de 2026, 12:04 PM