Perfil de usuario. Modificación de datos persoais

Unha vez iniciada a sesión podemos acceder aos nosos datos de usuario e personalizalos.

Como os datos de acceso ao espazo web foron creador por outras persoas (administradores) debemos cambiar, cando menos, o contrasinal que nos outorgaron para personalizalo e poder lembrarnos del nas futuras ocasións.

Para acceder aos nosos datos de usuario e poder modificalos debemos buscar no menú superior o enlace que di A miña conta.

Ao premer no enlace 'A miña conta' accedemos á paxina de datos do usuario. Na parte superior podemos atopar outro enlace que di 'Editar'. Prememos sobre este enlace para entrar na ficha de edición e modificación dos nosos datos de usuario.

É recomendable cambiar o contrasinal inicial por motivos tanto de seguridade como de comodidade do propio usuario. Vexamos como facelo:

Ao entrar na ficha de Edición veremos que temos un campo onde aparece o noso enderezo de correo (si non está correcto tamén sería o momento de correxilo) e un pouco máis abaixo aparecen o campo baleiro: Contrasinal. Se dexesamos cambiar o contrasinal tan só debemos escribir a nova e se amosara outro campo para confirmar o contrasinal. Se o deixamos en branco mantense o contrasinal actual.

Para confirmar os cambios efectuados debemos premer sobre o botón Gardar situado no fondo da páxinas. Feitos estes pasos, xa estamos en condición de empezar a publicar contidos dentro do espazo Web.

Last modified: Tuesday, 25 March 2025, 3:41 PM