Características dos logos segundo o manual de identidade corporativa


O deseño do novo modelo de sitio web para centros educativos con Drupal 10 axústase de xeito rigoroso ás esixencias do manual de identidade corporativa para centros educativos de Galicia e ás directrices da Oficina de Coordinación Web da AMTEGA, proporcionando así un aspecto máis institucional aos sitios web dos centros educativos.

Os centros que solicitan a incorporación á nova versión de Drupal levarán o logo xa creado de acordo ás directrices establecidas. Na seguinte imaxe, extraída da páxina 5 do devandito manual, poden verse dous exemplos concretos nos que os nomes dos centros ocupan un número de liñas diferentes:

logos

A seguinte imaxe amosa a mesma información en marca negativa (mesmas cores pero invertidas).

negativo


👉 Convivencia co escudo/logotipo propio do centro 
  • Os centros educativos non poden cambiar o logo creado por defecto, pero si poden engadir unha marca ou logo propios, segundo se establece na páxina 6 do manual de identidade corporativa.
  • A imaxe engadida deberá cumprir uns requisitos de posicionamento respecto do logo principal. A modo de exemplo:

cervo

Xunqueira

  • A continuación detállase o procedemento para a creación dun logo personalizado do centro cunha marca propia.



Creación dun logo personalizado coa marca do centro


O procedemento consta de 2 pasos:

  1. Editar o bloque logo centro xa creado para engadir a imaxe desexada como marca propia.
  2. Facer visible o bloque logo centro.  

A continuación detállase o proceso paso a paso:

  • Xestionar > Contido > Bloques:
    • Editar o bloque logo centro
      • Engadir a imaxe personalizada do logo propio do centro. (Inicialmente o corpo coa imaxe do bloque está baleiro).
        • Recoméndase centrar a imaxe.
        • Opcionalmente, pódese poñer un hipervínculo á páxina de inicio do sitio.
      • Unha vez engadida premer en Source, para ver o código HTML xerado.  Envolver o código xerado entre as etiquetas seguintes: 
<div class="logo-centro">

    Código HTML xerado
</div>



source


  • Gardar o bloque.
    • O sistema posicionará e redimensionará automaticamente a imaxe subida como logo para adaptala aos requisitos do manual de identidade corporativa.


👉 Visualización do logo coa marca propia do centro en función do dispositivo:
  • En versión PC, a marca propia do centro amosarase na cabeceira do sitio web tal e como se establece no manual de identidade corporativa, situada á dereita do nome do centro.

logo

  • En cambio, en versión móbil a marca do centro non é visible na cabeceira. Amosaríase unicamente ao premer no menú hamburguesa hamburguesa:

logo

logo


👉 Desactivar o logo:
  • Xestionar > Contido > Bloques: O logo elimínase editando o bloque logo centro e borrando a imaxe do corpo do bloque.

Última modificación: venres, 6 de marzo de 2026, 2:45 PM