Zonas de logos


Por debaixo da zona de novas da web sitúanse as zonas de logos en dous filas diferentes:


  1. Zona de logos internospermite incorporar bloques con imaxes que poden actuar como hipervínculos a direccións URL relativas ao propio centro. Os centros poden personalizar os seus logos, que actuarán como accesos directos visualmente atractivos (Aula virtual, Punto Laranxa...).
  2. Zona de logos externosSituada a continuación da zona de logos internos, o seu funcionamento é idéntico á zona de logos internos, pero inicialmente enfocado a enlaces externos ao propio centro educativo (espazoAbalar, Bibliotecas Escolares de Galicia...)

zona logos


Creación de bloques con imaxes na zona de logos internos e zona de logos externos


A efectos prácticos, os bloques definidos nas zonas de logos internos e externos están constituídos por imaxes que, opcionalmente, poden actuar como hipervínculos ás URL especificadas.
  • Os bloques de logos configúranse na ruta: Xestionar > Contido > Bloques. Despregarase a relación de bloques xa creados no sitio web, con posibilidade de edición.
  • Para engadir un novo bloque de logos, +Engadir Bloque de contido.

logos 1

    • Descrición do bloque: obrigatorio, aínda que non se visualizará por defecto.
    • Interno: Por defecto desactivado, haberá que marcalo para que o bloque coa imaxe engadida sexa visible na zona de logos internos. En caso contrario amosarase na zona de logos externos.
    • Sección Paragraph*: Premer en Engadir Paragraph > Imaxe
      • Premer en Engadir media: pódese escoller directamente unha imaxe previamente subida da lista que se amosa ou engadir unha nova imaxe mediante Add file > Seleccionar arquivo. 
        • Opcionalmente pódese engadir un texto alternativo (recomendable por cuestións de accesibilidade), así como un título e unha lenda para a imaxe subida.
      • Unha vez seleccionada a imaxe, premer en Insert selected.

logos

      • Image Link (Vínculo da imaxe): especificar a URL á que apuntará o logo, que se abrirá por defecto sempre nunha nova ventá. No caso de non especificar ningunha dirección a imaxe non enlazará con ningún contido.

Logos 3

    • Gardar


O bloque de logos engadido xa debería resultar visible na rexión de logos interna ou externa segundo a selección no momento da creación.

Última modificación: venres, 23 de xaneiro de 2026, 9:20 PM