O bloque de alertas
Requisitos do completado
Activación e personalización dun bloque de Alertas no sitio web
Os usuarios co rol editor principal do sitio poden poden activar un bloque de alertas predefinido, inicialmente desactivado, situado entre o menú de navegación principal e a zona de Destaques.
Editando o seu contido, poderán personalizar a mensaxe da alerta.
Editar o bloque Alertas
O bloque de alertas (de tipo PB Block) está constituído por un campo de tipo Paragraphs Simple.
- Xestionar > Contido > Bloques
- Editar o bloque Alertas.
- Descrición do bloque*: Alertas (non modificar).
- Paragraphs -> Simple -> Editar
- Título: (opcional)
- Corpo: Contido específico da mensaxe da alerta.
- Por defecto, o corpo levará centrado o texto "[Texto da alerta]". Será preciso editar este texto cada vez que sexa necesario actualizar a mensaxe da alerta.

- Visualización: Recoméndase non cambiar a configuración por defecto: texto branco sobre fondo vermello.

- Gardar.
Activar/desactivar o bloque Alertas
A activación/desactivación do bloque Alertas realízase simplemente marcando o check Activar na edición do bloque: 

O resultado ao visualiar a páxina principal sería o seguinte:

👉 Desactivación do bloque de alertas:
- O emprego do bloque de Alertas debe ser ocasional. Recoméndase o seu emprego unicamente para situacións excepcionais.
- Unha vez transcorrido o período da alerta, débese proceder á súa desactivación para que non sexa visible.
👉 En caso de non atopar o bloque Alertas
- O bloque Alertas pode ser activado unicamente por usuarios do rol xestor.
- Se o bloque de Alertas non está dispoñible na ruta Contido > Bloques do teu sitio web, contacta coa persoa asesora Abalar de zona do teu centro.
Última modificación: martes, 10 de marzo de 2026, 1:53 PM