Campos condicionais en formularios web
Campos condicionais en formularios web
Os formularios web permiten engadir campos condicionais dependentes dos valores seleccionados previamente noutros campos diferentes. Deste xeito, dependendo dos valores indicados, o usuario terá que cumprimentar información diferente nun mesmo formulario.
Modificarase o formulario creado anteriormente para engadir un campo adicional condicionado á selección Reclamación. Este campo, polo tanto, non será visible no caso de selección Consulta ou Suxerencia.
O campo a engadir permitirá escoller ao usuario un determinado tipo de reclamación:
- Funcionamento xeral do centro.
- Cualificacións.
- En caso de non adaptarse a ningunha das opcións prantexadas o usuario poderá especificar directamente o tipo de reclamación.
Engadir un novo campo
- Estrutura > Webforms > Formularios
- Seleccionar o formulario > Build > Engadir elemento

- Option elements > Radios other

- Título*: Tipo de reclamación.
- Element options: Custom opcions: (Option value / Option text)
- 1 / Funcionamento do centro.
- 2 / Cualificacións.
- Other option settings: Deixa a etiqueta Outro con campo de texto para engadir outra opción.
- Form validation: Obrigatorio
- Gardar



O resultado será o seguinte:

Mover arrastrando o campo Tipo de reclamación na quinta posición á cuarta posición e gardar os cambios.

Neste momento o novo campo é sempre visible no formulario:

Facer condicional o novo campo
- Estrutura > Webform > Build
- Tipo de reclamación > Editar
- Lapela Condicións:
- O estado do campo será Visible se o campo Seleccione o motivo ten seleccionado (Value is) o valor Reclamación.
- Ao escribir a palabra Reclamación o sistema amosará o valor numérico asociado (neste exemplo o número 2).
- Gardar
- O estado do campo será Visible se o campo Seleccione o motivo ten seleccionado (Value is) o valor Reclamación.

Agora o campo Tipo de reclamación só se amosará se o campo Seleccione o motivo ten o valor Reclamación
