Configuración do punto laranxa na web
O punto laranxa contra o acoso escolar
O novo modelo de web incorpora por defecto na zona de logos internos un bloque denominado Punto Laranxa, que da acceso a un formulario web dispoñible para que calquera usuario poda denunciar de forma anónima casos de acoso escolar. Este formulario debe estar sempre visible na web.

O envío requirirá a resolución dun desafío mediante un CAPTCHA. (O CAPTCHA é unha medida de seguridade para evitar os envíos de spam, garantindo que só un humano pode resolver á pregunta prantexada).

Configuración do punto laranxa
As mensaxes enviadas a través do punto laranxa conteñen información de carácter sensible, polo que é necesario garantir ao máximo a privacidade de ditos envíos. A tal fin, os centros educativos contan por defecto cun usuario convivencia1 pertencente ao rol convivencia, de xeito que unicamente o usuario convivencia1 terá acceso á información remitida a través deste formulario web.
Os centros educativos deberán seguir os seguintes pasos para a configuración do punto laranxa:
- Configurar unha conta de correo electrónico específica na que se recibirán as notificacións dos envíos realizados a través do punto laranxa:
- Recoméndase crear unha conta de correo específica de convivencia para o centro e empregala unicamente para a recepción das notificacións dos envíos do formulario do punto laranxa. A continuación detállanse os pasos a seguir para crear a conta:
- O director ou a directora do centro debe acceder coas súas credenciais á aplicación de Contausuario: https://www.edu.xunta.gal/contausuario/
- Premer no menú Conta/Do meu centro.
- Premer no botón Engadir.
- No desplegable Tipo buscar e escoller Outras predefinidas/Convivencia.
- Escoller o/a responsable da conta.
- Introducir un contrasinal para a nova conta.
- Crear.
- Recoméndase crear unha conta de correo específica de convivencia para o centro e empregala unicamente para a recepción das notificacións dos envíos do formulario do punto laranxa. A continuación detállanse os pasos a seguir para crear a conta:

👉 Recomendación sobre o nome da conta de correo específica para o punto laranxa
- Unha boa recomendación para a creación da conta é: convivencia.correodocentro@edu.xunta.gal
- Exemplos: convivencia.ceipalvarezlimeses@edu.xunta.gal, convivencia.iessanchezcanton@edu.xunta.gal
- A conta de correo do punto laranxa non debe ser empregada para outros fins diferentes á recepción das mensaxes enviadas a través deste formulario web.
- Establecer un contrasinal e a dirección de correo electrónico do punto anterior para o usuario convivencia1 do rol convivencia
- Xestionar > Persoas
- Editar o perfil do usuario convivencia1. (Unicamente ten asignado o rol convivencia).
- Enderezo de correo electrónico*: Especificar a conta creada.
- Contrasinal/Confirmar o contrasinal: Especificar un contrasinal.
- Gardar os cambios.

- Transmitir a dirección de correo electrónico do usuario convivencia1 á persoa asesora Abalar de zona correspondente:
- Por defecto os correos cos envíos do punto laranxa recíbense na conta corporativa do centro, á que normalmente ten acceso un elevado número de usuarios, o que non garante a privacidade da información.
- A asesoría abalar do centro completará a configuración, previa comunicación polo centro, establecendo a conta de correo especificada para os envíos do punto laranxa.
Como consultar os envíos recibidos
- Por cada envío do formulario do punto laranxa recibirase unha notificación de correo na conta habilitada para o rol convivencia.
- Ademais, o usuario convivencia1 poderá acceder aos envíos realizados a través do punto laranxa premendo na icona do mesmo, con posibilidade de visualización, borrado e descarga en diversos formatos.


👉 Quen pode enviar mensaxes a través do punto laranxa
- Unicamente os usuarios anónimos (alumnado) poden enviar mensaxes a través do punto laranxa