O tipo de contido Galería en Drupal


O modelo de sitio corporativo con Drupal 10 incorpora un tipo de contido adicional aos xa vistos con anterioridade (Destaque, Artigo, Páxina básica e Evento), que permite a creación dunha galería de imaxes directamente en Drupal, sen necesidade de empregar Coppermine.

Para a clasificación das imaxes empregaranse os termos do vocabulario de taxonomía Galería:

  • Xestionar > Estrutura > Taxonomía > Galería: Por defecto está creado o termo 2025/26
  • Cada subtermo de 2025/26 permitirá agrupar as temáticas das imaxes consonte o criterio establecido: Por exemplo, un subtermo para Magosto, outro para nadal, outro para entroido...

👉 Semellanzas entre os termos da taxonomía Galería e as categorías e álbumes de Coppermine
  • Para os usuarios afeitos a traballar con Coppermine, pode resultar útil establecer as seguintes semellanzas:
    • Categorías e subcategorías de Coppermine: Serían os termos e subtermos da taxonomía Galería en Drupal.
    • Álbumes de Coppermine: Serían os propios contidos tipo galería de Drupal, que son os realmente conteñen as imaxes.


Creación dun contido Galería


  • Xestionar > Contido > Agregar contido > Galería
    • Título: Actuará como identificador do contido tipo galería creado, como se fose o nome do álbum.
    • Imaxes: Poden engadirse desde o botón Elixir arquivos  mediante arrastre ou selección.
    • Taxonomía: Establecerá o termo de taxonomía asociado segundo a explicación anterior.




Visualización dos contidos de tipo Galería


Unha vez gardado o contido, a través do menú de navegación principal, premendo no enlace Galerías > Galería, accederase a todos os contidos de tipo galería existentes no sitio web con posibilidade de filtrado por termo




Existen dúas posibilidades de visualizacións distintas: 


  • Premendo na imaxe correspondente, abrirase unha xanela cun slide automático de todas as imaxes dese contido. (Tamén é posible deter a transición automática e efectuar o cambio de imaxes de xeito manual).



  • Premendo no título do contido amosaranse todas as imaxes en miniatura. Facendo click  sobre unha determinada imaxe verase en tamaño orixinal.




👉 Visualización en Drupal de álbumes creados en Coppermine
  • Alternativamente ao contido de tipo galería visto neste apartado, tamén é posible visualizar directamente en Drupal os álbumes creados na galería Coppermine do centro. 

Última modificación: martes, 10 de marzo de 2026, 2:09 PM