Inicio de sesión
Inicio de sesión
Para acceder a unha web creada con Drupal debemos coñecer varios datos:
-
O primerio sería coñecer o enderezo web ou URL(Uniform Resource Locator: localizador uniforme de recursos), da páxina web do centro ao que queremos acceder.
Unha vez coñecido o enderezo, xa podemos visitar e ver o que nesa páxina esté exposto.
-
Pero para poder participar activamente da páxina, creando contidos tamén nela, deberemos coñecer os datos de acceso que son:
-
Nome de usuario/a
-
Contrasinal
O enderezo web dun centro educativo podémolo obter de moitos xeitos: a través do centro, a través do buscador de centros da Consellería de Educación (https://www.edu.xunta.gal/centroseducativos/), ou incluso a través dun buscador web como Google.
Pero para contar cunha conta de usuario debemos entrar en contacto coa persoa ou persoas que sexan os administradores do sitio web.
No caso dos centros educativos de Galicia, o administrador do espazo web serán varios profesores do centro (é fundamental que sexan máis dun).
Unha vez que o administrador do espazo nos facilite os datos da nosa conta de usuario (nome de usuario e contrasinal) xa podemos acceder á web como un usuario autenticado e daquela xa podemos crear contidos nese espazo web.
O director ou directora do centro é o responsable de todo o publicado neste espazo oficial do seu centro.
Unha vez no noso poder os datos de nome de usuario e contrasinal abriremos nun navegador web (preferentemente Firefox ou Chrome), visitaremos a páxina web e nela buscaremos a opción de Iniciar sesión. Pode ser que esta opción apareza na parte superior do sitio web.
Este enlace levaranos a unha páxina de entrada dos datos onde deberemos introducir o Nome de usuario e contrasinal.
Unha vez cubertos os campos xa podemos premer sobre o botón Iniciar sesión para acceder.