Saltar navegación

2.5.3. Lectura estratéxica colaborativa

A lectura estratéxica colaborativa conta con evidencias sobre a súa eficacia para a mellora da comprensión lectora en alumnado diverso da etapa de Educación Secundaria Obrigatoria. 

Neste programa primeiro ensinamos por pasos, a través do modelado, catro estratexias de forma individual:

  • Botar unha ollada (preview): consiste en activar coñecementos previos e en realizar predicións.
  • Clic-clac (click & clunk): consiste en autosupervisar a comprensión, preguntándose se se comprendeu unha parte do texto (clic: si; clac: non, volver ler).
  • Pilla a idea (get the gist): trata de identificar as ideas importantes do que se está lendo.
  • Remata (wrap-up): consiste en reflexionar sobre o aprendido do texto e en formular e responder preguntas.

Logo, o alumnado, en pequeno grupo, aplica as estratexias coa nosa supervisión. Inicialmente trabállase unicamente unha estratexia no grupo ata que sexa capaz de aplicala de forma correcta. Unha vez que conseguiu utilizar as catro estratexias de forma individual con éxito, o grupo traballa de forma conxunta as catro estratexias.

É habitual que, mentres que o grupo traballa estas estratexias, se vaia completando unha ficha ou organizador gráfico na que se anoten os resultados da aplicación das catro estratexias.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)