Saltar navegación

1.2. Avaliación da descodificación

As dificultades na descodificación son fáciles de observar en situacións nas que se le en voz alta. Ao escoitar a lectura do alumnado, podemos apreciar a súa calidade xeral, se se cometen erros e con que frecuencia.

Na ESO, a precisión (cometer máis ou menos erros) non se debe desvincular da velocidade lectora. 

Os indicadores de dificultades en procesos básicos de lectura son:

  • Unha velocidade de lectura excesivamente lenta, aínda que sexa moi precisa.
  • Unha cantidade notable de erros ao ler cunha velocidade lenta ou normal.

Se nos atopamos con alumnado que comete excesivos erros ao tentar ler moi rápido, conviría observar o que sucede ao demandarlle unha velocidade de lectura máis pausada.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)