Saltar navegación

1.4.4. Formatos de resposta

Un dos formatos é o de opción múltiple, que permite avaliar con eficacia habilidades como a localización de información ou a identificación de relacións explícitas dentro do texto. Ademais, facilita e asegura unha alta fiabilidade na avaliación. Con todo, é limitada a súa capacidade para captar procesos complexos, como a reflexión crítica ou a integración.

Para compensar estas limitacións, incorpóranse tamén preguntas abertas, que requiren que os estudantes constrúan a resposta, desde respostas breves ata outras máis elaboradas, que inclúen mesmo tarefas como a redacción dun correo electrónico. Estas preguntas permiten explorar a capacidade do estudante para expresar coas súas propias palabras interpretacións, inferencias ou valoracións, e son especialmente útiles para avaliar procesos de comprensión profunda e pensamento crítico.

Ademais, a contorna dixital introducida en PISA 2018 permitiu inserir formatos interactivos de resposta. Requiren que o estudante seleccione, arrastre ou relacione elementos dentro da pantalla, e realizar accións como seguir hiperligazóns ou comparar información entre xanelas. Estes formatos aumentan o realismo e xeran datos sobre o comportamento durante a tarefa.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)