Ante a sospeita de que as dificultades na descodificación poidan estar a obstaculizar a comprensión de textos, o profesorado de orientación educativa pode utilizar probas estandarizadas de lectura e comprobar se a cantidade de erros ou a velocidade lectora resultan anómalos.
Algunhas probas con baremos para alumnado de educación secundaria son:
• Batería psicopedagóxica AVALÍA, de Giunti Psychometrics.
• Avaliación cognitiva das dificultades en lectura e escritura BECOLE-R, de CEPE (só 1º de ESO).
• Avaliación da competencia lectora básica EVALEC, de Giunti Psychometrics (de 1º a 3º de ESO).
• PROLEC-SE-R, de TEA Hogrefe.
• PROLEXIA, de TEA Hogrefe.
Tamén se pode considerar a Guía de avaliación. Destrezas lectoras (ligazón) que publicou a Consellería de Educación de Andalucía para a avaliación de alumnado de 4º de ESO e que ofrece referencias de velocidade lectora e de eficacia lectora (combinación de velocidade e comprensión) para un texto concreto.