O Proxecto Educativo de Centro (PEC) é o documento que define a identidade, os valores, os obxectivos e as prioridades do IES do Castro, tendo en conta as características do seu alumnado e da contorna. Estabelece as liñas fundamentais que orientan a organización e a actividade pedagóxica do centro, procurando dar coherencia ao conxunto das súas actuacións. Constitúe, polo tanto, o marco de referencia que guía as decisións educativas, organizativas e de convivencia da comunidade educativa.
As NOFC son as Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia. Trátase do documento interno que regula a vida do centro: os dereitos e deberes de toda a comunidade educativa, as normas de convivencia, o funcionamento dos órganos de goberno e participación, e os procedementos de actuación ante situacións de conflito. Son de obrigado coñecemento para o alumnado, as familias e o persoal do IES do Castro.
Engadir texto ou arquivo
Engadir texto ou arquivo
