- Inicio
- O centro
- Secretaría
- Programacións
- Ensinanzas
- Biblioteca
- EDLG
- Programas educativos
- Programa IB
- Contido recente
IES do Castro · ESO
1º ESO LOMLOE
Horario: Luns: 9:00–14:30 h e 16:30–18:10 h | Resto dos días: 9:00–14:30 h
Materias e horas semanais
| Materia | Horas/semana |
|---|---|
| Bioloxía e Xeoloxía (agrupamento) | 1 + 3 h |
| Matemáticas | 4 h |
| Xeografía e Historia | 3 h |
| Lingua Castelá e Literatura (agrupamento) | 1 + 3 h |
| 1ª Lingua Estranxeira (inglés ou francés) | 3 h |
| Lingua Galega e Literatura | 3 h |
| Educación Física | 2 h |
| Educación Plástica, Visual e Audiovisual | 2 h |
| Tecnoloxía e Dixitalización | 3 h |
| 2ª Lingua Estranxeira — francés (exención) | 2 h |
| Titoría | 1 h |
| Elixir unha: Relixión Católica ou Proxecto Competencial | 1 h |
| Total | 32 h |
Medidas de atención á diversidade
Agrupamentos flexibles
En Bioloxía e Xeoloxía e en Lingua Castelá e Literatura pódense constituír agrupamentos flexibles como medida de apoio ao alumnado que o precise. A decisión correspóndelle á dirección do centro, oído o equipo docente e as nais, pais e/ou titores/as legais do alumnado afectado.
Exención da 2ª lingua estranxeira (Francés)
Todo o alumnado cursará a segunda lingua estranxeira. En 1º e 2º de ESO, soamente poderán quedar exentos aqueles alumnos/as con dificultades continuadas no proceso de aprendizaxe, en particular nas materias lingüísticas. A decisión correspóndelle á dirección do centro, oídas as nais, pais e/ou titores/as legais do alumnado afectado.
Promoción de curso
Promoverá o alumnado que supere todas as materias ou que teña avaliación negativa en 1 ou 2 materias.
O equipo docente tamén poderá decidir a promoción se se cumpren todas estas condicións:
- Media aritmética de todas as materias igual ou superior a 5.
- O equipo docente considera que pode seguir con éxito o curso seguinte.
- Existen expectativas favorables de recuperación.
- A promoción beneficia a súa evolución académica.
O alumnado que promocione con materias sen superar deberá seguir un Plan de Reforzo.
Documento de carácter informativo e orientador.
