Programacións didácticas
Consulta as programacións das materias impartidas no centro
Ensinanzas LOMLOE
A través da aplicación PROENS pódese consultar a programación das diferentes materias impartidas no centro.
Para filtrar o contido:
- Especificar o código do centro: 36019670
- Seleccionar a ensinanza, o curso e a materia a consultar.
- Elixir, de ser necesario, o réxime ordinario ou de adultos.
Finalmente premer en buscar programacións.
Bacharelato Internacional
As programacións das materias do Bacharelato Internacional (IB) están dispoñibles na aula virtual de cada materia, accesible a través da plataforma do centro.
O alumnado e as familias poden consultala iniciando sesión coas credenciais facilitadas polo centro. Cada docente publica alí a programación, os materiais e os criterios de avaliación da súa materia.
Na sección xeral do IB deste sitio web atoparás máis información sobre o programa do Diploma e a oferta de materias do centro.
