- Inicio
- O centro
- Secretaría
- Programacións
- Ensinanzas
- Biblioteca
- EDLG
- Programas educativos
- Programa IB
- Contido recente
IES do Castro · Bacharelato
2º Bacharelato LOMLOE
Horario: Luns: 9:00–14:30 h e 16:30–18:10 h | Resto dos días: 9:00–14:30 h
Materias comúns a todas as modalidades
Materia
Horas/sem.
Historia de España
3 h
Lingua Castelá e Literatura II
3 h
Lingua Galega e Literatura II
3 h
1ª Lingua Estranxeira II — inglés
3 h
Historia da Filosofía
3 h
Modalidade e materias propias
O alumnado escolle una materia obrigatoria da modalidade (elixir 1) e dúas materias adicionais (elixir 2).
🔬 Ciencias e Tecnoloxía
Elixir 1 materia:
Matemáticas II
4 h
Matemáticas Aplicadas ás CC. SS. II
4 h
Elixir 2 materias:
Bioloxía
4 h
Debuxo Técnico II
4 h
Física
4 h
Xeoloxía e Ciencias Ambientais
4 h
Química
4 h
Tecnoloxía e Enxeñería II
4 h
📚 Humanidades e Ciencias Sociais
Elixir 1 materia:
Latín II
4 h
Matemáticas Aplicadas ás CC. SS. II
4 h
Elixir 2 materias:
Grego II
4 h
Empresa e Deseño de Modelos de Negocio
4 h
Xeografía
4 h
Historia da Arte
4 h
Latín II
4 h
Matemáticas Aplicadas ás CC. SS. II
4 h
Materias optativas (escolle unha · 4 h)
2ª Lingua Estranxeira II · Métodos Estatísticos e Numéricos · Psicoloxía · Tecnoloxía da Información e da Comunicación II · Xeografía, Historia, Arte e Patrimonio de Galicia · Historia da Música e da Danza · Debuxo Artístico II · Materia da modalidade de 2º curso
Materias optativas
Tecnoloxías da Información e da Comunicación II (TIC II)
Desenvolve as competencias necesarias para usar de forma segura, creativa e eficaz os medios dixitais. Para cursala é necesario ter cursado TIC I en 1º ou levala como pendente. Non está suxeita a probas externas na PAU.
Xeografía, Historia, Arte e Patrimonio de Galicia
Sen exames. Deseñada como apoio para a PAU de Historia, Arte e Xeografía, ofrece ademais unha exploración da herdanza cultural e natural de Galicia. Aporta coñecementos útiles para o ámbito do turismo, a xestión e a conservación do patrimonio.
Debuxo Artístico II
Para quen gusta do debuxo, a pintura e a creatividade. Trabállanse diferentes técnicas, materiais e procedementos afondando nas destrezas previas. Orientada a futuras ensinanzas artísticas ou tecnolóxicas: Arquitectura, Belas Artes, Deseño, Animación, Videoxogos, etc.
Psicoloxía
Introduce ao estudo do comportamento humano, os procesos mentais e as bases da conduta. Útil para o alumnado que contempla estudos de saúde, educación ou ciencias sociais.
Métodos Estatísticos e Numéricos
Desenvolve ferramentas matemáticas para a análise de datos e a resolución de problemas numéricos. Complemento útil para itinerarios científicos, tecnolóxicos e sociais.
Historia da Música e da Danza
Percorre a evolución da música e a danza desde as súas orixes ata a actualidade, analizando os principais estilos, obras e artistas en relación co contexto histórico e cultural.
2ª Lingua Estranxeira II
Continuación do estudo dunha segunda lingua estranxeira, desenvolvendo as competencias comunicativas orais e escritas a un nivel máis avanzado.
Materia da modalidade de 2º curso
Posibilidade de cursar como optativa unha materia adicional da propia modalidade de 2º, para ampliar a formación específica de cara á PAU ou aos estudos superiores.
Materias de elección (escolle unha · 1 h)
Ciencias e Tecnoloxía: Obradoiro de Tecnoloxía e Enxeñería II · Obradoiro de Cine · Obradoiro de Física · Obradoiro de Química · Obradoiro de Matemáticas II · Obradoiro de Matemáticas CS II · Obradoiro de Galego
Humanidades e Ciencias Sociais: Obradoiro de Mitoloxía Clásica · Obradoiro de Cine · Obradoiro de Matemáticas CS II · Obradoiro de Galego
Tamén se pode escoller: Relixión (1 h)
Titulación de Bacharelato
Para obter o título de Bacharelato é necesaria a avaliación positiva en todas as materias dos dous cursos. Excepcionalmente, o equipo docente poderá decidir a titulación dun alumno/a que superase todas as materias salvo unha, sempre que se cumpran todas estas condicións:
- O equipo docente considera que alcanzou os obxectivos e competencias do título.
- Non se produciron faltas de asistencia continuadas e non xustificadas na materia suspensa.
- O alumno/a presentouse aos exames, incluídos os da convocatoria extraordinaria.
- A media aritmética de todas as materias da etapa é igual ou superior a 5.
O título expídese con expresión da modalidade cursada e da nota media obtida.
Acceso á universidade — PAU
A Proba de Acceso á Universidade (PAU) é a vía habitual para acceder aos estudos de grao universitario tras o Bacharelato. En Galicia está organizada pola Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) e dá acceso ás tres universidades do Sistema Universitario Galego (Universidade de Santiago de Compostela, Universidade da Coruña e Universidade de Vigo).
Estrutura da proba
A PAU consta de dúas fases:
- Fase xeral (obrigatoria): examínase das catro materias comúns de 2º de Bacharelato (Historia de España, Lingua Galega e Literatura II, Lingua Castelá e Literatura II e 1ª Lingua Estranxeira II) máis a materia troncal da modalidade.
- Fase específica (voluntaria): permite mellorar a nota de admisión examinándose de ata tres materias adicionais vinculadas á rama de coñecemento do grao desexado. As materias ponderan segundo as táboas publicadas pola CIUG para cada titulación.
Nota de acceso e nota de admisión
A nota de acceso calcúlase sumando o 60 % da nota media de Bacharelato e o 40 % da cualificación da fase xeral, e debe ser igual ou superior a 5. A nota de admisión pode chegar ata 14 puntos sumando as materias da fase específica ponderadas pola universidade de destino.
Convocatorias
Celébrase unha convocatoria ordinaria en xuño e unha extraordinaria en xullo. É posible repetir a proba en convocatorias sucesivas para mellorar a nota, conservándose sempre a mellor cualificación obtida.
Ciclos Formativos de Grao Superior
Accédese aos Ciclos Formativos de Grao Superior (CFGS) despois da obtención do título de Bacharelato ou mediante a superación dunha proba específica de acceso.
Coa superación do CFGS obtense o título de Técnico/a Superior, que permite:
- Incorporarse ao mundo laboral.
- Acceder a estudos de grao universitario sen realizar a PAU, sempre que a nota do ciclo sexa superior á nota de admisión.
- Realizar a parte voluntaria-específica da PAU para mellorar a nota de acceso á universidade.
Máis información na web de FP →
Documento de carácter informativo e orientador.
