- Inicio
- O centro
- Secretaría
- Programacións
- Ensinanzas
- Biblioteca
- EDLG
- Programas educativos
- Programa IB
- Contido recente
IES do Castro · ESO
3º ESO LOMLOE
Horario: Luns: 9:00–14:30 h e 16:30–18:10 h | Resto dos días: 9:00–14:30 h
Materias e horas semanais
| Materia | Horas/semana |
|---|---|
| Lingua Galega e Literatura | 3 h |
| Lingua Castelá e Literatura | 3 h |
| 1ª Lingua Estranxeira — inglés (sección bilingüe) | 3 h |
| Matemáticas | 4 h |
| Xeografía e Historia | 3 h |
| Educación Física | 2 h |
| Bioloxía e Xeoloxía | 2 h |
| Física e Química | 2 h |
| Educación Plástica, Visual e Audiovisual (sección bilingüe) | 2 h |
| Música | 2 h |
| Educación en Valores Cívicos e Éticos | 1 h |
| Titoría | 1 h |
| Elixir unha: Relixión ou Proxecto Competencial | 1 h |
| Elixir unha materia optativa: 2ª Lingua estranxeira (exención) · Educación Dixital · Cultura Clásica · Oratoria · Cultura Financeira | 3 h |
| Total | 32 h |
Información das materias optativas
2ª Lingua estranxeira (Francés)
Coa base adquirida nos cursos anteriores, preténdese asentar os coñecementos de francés e desenvolver as competencias orais e escritas necesarias para comunicarse en situacións cotiás sinxelas.
Cultura Clásica
Unha invitación a descubrir como vivían, pensaban e creaban os antigos gregos e romanos, e por que os seus mitos e valores seguen presentes na nosa lingua, leis, arte e forma de organizar a sociedade. Pódese cursar unha soa vez en 3º ou 4º de ESO.
Cultura Financeira
Materia organizada en catro bloques: diñeiro e transaccións, planificación e orzamento, xestión bancaria e riscos financeiros persoais, e educación para o consumo. Ofrece ferramentas para tomar decisións económicas responsables no día a día.
Educación Dixital
Prepara ao alumnado para usar as TIC de xeito responsable, ético e eficiente. Trabállanse contornos Linux, ferramentas ofimáticas, edición de imaxe e vídeo, programación, creación dixital, e seguridade e privacidade na rede.
Oratoria
A arte da comunicación clara e obxectiva co público, combinando linguaxe verbal e corporal. Desenvolve a expresión oral, a argumentación e a confianza para falar en público. Pódese cursar unha soa vez en 3º ou 4º de ESO.
Medidas de atención á diversidade
Exención da 2ª lingua estranxeira (Francés)
A segunda lingua estranxeira é de oferta obrigatoria en toda a etapa. Soamente poderán quedar exentos aqueles alumnos/as con dificultades continuadas no proceso de aprendizaxe, en particular nas materias lingüísticas. A decisión correspóndelle á dirección do centro, oídas as nais, pais e/ou titores/as legais do alumnado afectado.
Sección bilingüe
O IES do Castro participa no Programa de Seccións Bilingües da Consellería de Educación (Orde do 12 de maio de 2011). Neste curso, as materias impartidas en réxime de sección bilingüe en inglés son 1ª Lingua Estranxeira e Educación Plástica, Visual e Audiovisual: polo menos o 50 % do horario lectivo de cada unha destas materias impártese en inglés. O alumnado que supere a materia recibirá unha credencial oficial do centro acreditativa da súa participación na sección bilingüe.
Promoción de curso
Promoverá o alumnado que supere todas as materias ou que teña avaliación negativa en 1 ou 2 materias.
O equipo docente tamén poderá decidir a promoción se se cumpren todas estas condicións:
- Media aritmética de todas as materias igual ou superior a 5.
- O equipo docente considera que pode seguir con éxito o curso seguinte.
- Existen expectativas favorables de recuperación.
- A promoción beneficia a súa evolución académica.
O alumnado que promocione con materias sen superar deberá seguir un Plan de Reforzo.
Titulación
Ao finalizar 4º de ESO, o equipo docente decidirá sobre a titulación de xeito colexiado, atendendo á adquisición das competencias e á consecución dos obxectivos da etapa. Obterá o título de Graduado/a en ESO o alumnado que supere todas as materias cursadas.
Excepcionalmente, o equipo docente poderá decidir a titulación con materias suspensas se a media é igual ou superior a 5 e se considera que o alumno/a acadou as competencias e obxectivos da etapa. O título expídese sen cualificación.
Documento de carácter informativo e orientador.
