O Bacharelato Internacional nun centro público de Galicia: obtén doble titulación, recoñecido para acceso en universidades de todo o mundo, fórmate en investigación e pensamento crítico, desenvolve mentalidade internacional e todo sen custo de matrícula, porque é un centro público.
Atréveste co Diploma do IB?
Bacharelato Internacional nun centro público de Galicia
Por que elixir o IB?
- Doble titulación: obtén o Bacharelato LOMLOE e o Diploma do IB á vez.
- Recoñecido por universidades de todo o mundo como vía de acceso.
- Entrénate para investigar, argumentar e pensar por ti mesmo/a.
- Desenvolves unha mentalidade internacional e aberta a outras culturas.
- Nun centro público: sen custo de matrícula para o alumnado.
¿Que vas estudiar?
Tronco común obrigatorio:
- Monografía: traballo de investigación, máx. 4.000 palabras
- Teoría do Coñecemento (TdC)
- CAS: Creatividade, Actividade e Servizo (150 horas)
¿Quen pode solicitalo?
- Ter o título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO).
- Ter cursado 3º e 4º de ESO nos dous cursos inmediatamente anteriores.
- Ter cursado en 4º de ESO as materias troncais da modalidade elixida (p. ex., Matemáticas, Física e Química e Bioloxía para o BI Científico-Tecnolóxico).
Documentación necesaria
- Instancia de solicitude de admisión.
- Boletín de notas de 1º, 2º, 3º de ESO e das 2 primeiras avaliacións de 4º de ESO.
- Carta de motivación manuscrita (máx. 450 palabras).
- Declaración xurada de permanencia no IB.
⚠️ O alumnado do propio IES do Castro non precisa entregar boletín de notas, DNI nin foto.
¿Como se entra?
- Entrega de documentación: Entregarás toda a documentación no prazo establecido.
- Entrevista persoal: A Coordinación do IB entrevistarte-a sobre a túa carta de motivación.
- Criterio de desempate: En caso de empate, decide a mellor nota media entre 3º e 4º de ESO.
Máis información
Coordinación do IB · IES do Castro
Teléfono: 886 12 13 40
Correo electrónico
Web do centro
Organización do IB
Documento informativo e orientador • IES do Castro 2026
