• Inicio
  • O centro
    • Datos de contacto
    • Documentos
    • Organigrama
    • Localización
  • Secretaría
    • Matrícula
    • Impresos e formularios
    • Libros de texto
    • PAU
  • Programacións
  • Ensinanzas
    • 1º ESO
    • 2º ESO
    • 3º ESO
    • 4º ESO
    • 1º Bacharelato
    • 2º Bacharelato
    • Bacharelato Internacional
  • Biblioteca
    • Actividades da biblioteca
    • Información
  • EDLG
    • Actividades EDLG
    • Información
  • Programas educativos
    • Eduexchanges
    • Erasmus +
    • Plans Proxecta
      • 365 días de respeto e igualdade
      • Parlamento xove
      • Salvavidas
    • Programas de éxito educativo
      • Acreditación competencias dixitais
      • Acreditación competencias lingüísticas
      • Club de ciencia
      • Innova-lab
      • Proxectos de Inclusión Educativa (PIE)
  • Programa IB
    • Información xeral
    • Admisión e matrícula IB
    • Actividades CAS
    • O IB dende 2008
  • Contido recente

User account menu

  • Iniciar sesión
Logo IES do Castro
Inicio
Logo IES do Castro
  • Inicio
  • O centro
    • Datos de contacto
    • Documentos
    • Organigrama
    • Localización
  • Secretaría
    • Matrícula
    • Impresos e formularios
    • Libros de texto
    • PAU
  • Programacións
  • Ensinanzas
    • 1º ESO
    • 2º ESO
    • 3º ESO
    • 4º ESO
    • 1º Bacharelato
    • 2º Bacharelato
    • Bacharelato Internacional
  • Biblioteca
    • Actividades da biblioteca
    • Información
  • EDLG
    • Actividades EDLG
    • Información
  • Programas educativos
    • Eduexchanges
    • Erasmus +
    • Plans Proxecta
      • 365 días de respeto e igualdade
      • Parlamento xove
      • Salvavidas
    • Programas de éxito educativo
      • Acreditación competencias dixitais
      • Acreditación competencias lingüísticas
      • Club de ciencia
      • Innova-lab
      • Proxectos de Inclusión Educativa (PIE)
  • Programa IB
    • Información xeral
    • Admisión e matrícula IB
    • Actividades CAS
    • O IB dende 2008
  • Contido recente

Miga de pan

  • Inicio
  • 4º ESO

4º ESO

IES do Castro · ESO

4º ESO LOMLOE

Horario: Luns: 9:00–14:30 h e 16:30–18:10 h  |  Resto dos días: 9:00–14:30 h

Materias comúns

Materia
Horas/sem.
Xeografía e Historia (sección bilingüe)
3 h
Lingua Galega e Literatura
3 h
Lingua Castelá e Literatura
3 h
1ª Lingua Estranxeira — inglés
3 h
Educación Física
2 h
Titoría
1 h
Elixir unha: Relixión  ou  Proxecto Competencial
1 h

Itinerario e materias propias

Cada alumno/a escolle un dos tres itinerarios (10 h semanais propias).

🔬 Ciencias e Tecnoloxía

Matemáticas B
4 h
Física e Química
3 h
Bioloxía e Xeoloxía
3 h

📚 Ciencias Sociais e Humanidades

Matemáticas B ou A
4 h
Latín
3 h
Economía e Emprendemento
3 h

🛠️ Opción FP

Matemáticas A
4 h
Dixitalización
3 h
Formación e Orientación Persoal e Profesional
3 h

Materia de opción (escolle unha · 3 h)

Física e Química · Bioloxía e Xeoloxía · Latín · Economía e Emprendemento · Dixitalización · Formación e Orientación Persoal e Profesional · Música · Expresión Artística · Tecnoloxía · 2ª Lingua estranxeira

Materias de opción

Dixitalización

Axuda a comprender como usar os dispositivos dixitais, crear contidos e navegar por Internet con seguridade, ética e responsabilidade. Útil para o día a día e para o futuro académico e laboral.

Música

Coñecementos básicos de linguaxe e práctica musical, evolución da música desde a Idade Media ata os xéneros actuais e a súa relación cos medios audiovisuais.

Expresión Artística

Extensión da materia de Educación Plástica, Visual e Audiovisual. Desenvolve a capacidade expresiva e a creatividade mediante a experimentación con diferentes técnicas artísticas. Carácter eminentemente práctico.

Tecnoloxía

Comprensión de como funcionan as solucións técnicas que melloran a vida das persoas, e como se poden deseñar, construír e aplicar de forma sostible, ética e inclusiva.

Formación e Orientación Persoal e Profesional

Traballa o coñecemento propio, o proceso de aprendizaxe e o contorno sociocultural. Desenvolve habilidades de emprendemento, toma de decisións e participación activa en grupos.

2ª Lingua estranxeira (Francés)

Valorar situacións cotiás, describir persoas e obxectos, tratar temas de medio ambiente e negociar, entre outros contidos comunicativos de nivel intermedio.

Física e Química / Bioloxía e Xeoloxía

Para o alumnado do itinerario de Humanidades que queira ampliar a súa formación científica con materias non incluídas no seu itinerario.

Latín / Economía e Emprendemento

Para o alumnado do itinerario de Ciencias que queira ampliar a súa formación humanística ou económica con materias do itinerario de Humanidades.

Materia optativa (escolle unha · 3 h)

Cultura Clásica (se non se cursou en 3º) · Filosofía · Oratoria (se non se cursou en 3º) · Intelixencia Artificial para a Sociedade

Materias optativas

Cultura Clásica (só se non se cursou en 3º)

Descobre como vivían, pensaban e creaban os antigos gregos e romanos, e por que os seus mitos e valores seguen presentes na nosa lingua, leis, arte e forma de organizar a sociedade.

Filosofía

Estuda o significado e orixe da filosofía no mundo occidental a través de catro bloques: o ser humano, a teoría do coñecemento, a ética e a metafísica. Metodoloxía dinámica e participativa.

Oratoria (só se non se cursou en 3º)

A arte da comunicación clara e obxectiva co público, combinando linguaxe verbal e corporal. Desenvolve a expresión oral, a argumentación e a confianza para falar en público.

Intelixencia Artificial para a Sociedade

Axuda a entender que é a intelixencia artificial, como funciona, que vantaxes e perigos presenta e como afecta á sociedade: desde as recomendacións nas redes e os asistentes virtuais ata os coches autónomos ou a creación de imaxes e textos.

Medidas de atención á diversidade

Sección bilingüe

O IES do Castro participa no Programa de Seccións Bilingües da Consellería de Educación (Orde do 12 de maio de 2011). Neste curso, a materia impartida en réxime de sección bilingüe en francés é Xeografía e Historia: polo menos o 50 % do horario lectivo impártese en francés. O alumnado que supere a materia recibirá unha credencial oficial do centro acreditativa da súa participación na sección bilingüe.

Titulación

Ao finalizar 4º de ESO, o equipo docente decidirá sobre a titulación de xeito colexiado, atendendo á adquisición das competencias e á consecución dos obxectivos da etapa. Obterá o título de Graduado/a en ESO o alumnado que supere todas as materias cursadas.

Excepcionalmente, o equipo docente poderá decidir a titulación con materias suspensas se a media é igual ou superior a 5 e se considera que o alumno/a acadou as competencias e obxectivos da etapa. O título expídese sen cualificación.

Todo o alumnado recibirá ao finalizar un consello orientador individualizado con proposta sobre as opcións académicas, formativas ou profesionais máis convenientes.

Matrícula de Honra

Poderá obtela o alumnado cunha nota media de 4º de ESO igual ou superior a 9 puntos, ata un máximo do 5 % do total do alumnado matriculado en 4º de ESO.

Documento de carácter informativo e orientador.

Subscribirse a 4º ESO
Xunta de Galicia

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na Internet polo centro educativo

Mapa do sitio - Contacto co centro - Accesibilidade - Aviso Legal

IES do Castro